Views Navigation

Navegación de vistas de Evento

Today

As Letras Galegas na nosa semana de formación

Plataforma online

Como non podía ser doutra forma, as letras galegas impregnan a nosa semana de formación. Arrincamos esta semana cun espazo de achegamento en liña á figura de Xela Arias. Conmemoramos así o Día das Letras Galegas cun lecer e aprendizaxe propio na nosa aula virtual. Tributo a Xela Arias O mércores inauguramos un novo encontro […]

En clase e na túa casa

Plataforma online

ATEGAL sempre está para ti, nas nosas aulas e na túa casa. Unha semana máis, ofrecémosche un calendario cheo de actividades. Así poderás compaxinar as clases que teñas na túa sede coas que che ofrece a nosa plataforma de formación en liña. Aproveita esta oportunidade e sácalle partido a unha ferramenta que che permite aprender, […]

Cambiamos o noso horario de formación!

Plataforma online

Achégase o verán e para seguir acompañándoche adaptamos o noso horario de formación. Como sabemos que co bo tempo prefires saír de casa e vir máis polas aulas, facilitámoscho. Seguimos ofrecendo un lecer e unha formación ao alcance do teu móbil ou computador, pero máis concentrado. Así que achégache ás aulas cando queiras, e cando […]

ATEGAL desde casa | Horario da plataforma

Plataforma online

Co inicio do curso ponse en marcha tamén a nosa plataforma de formación en liña. Agora xa podes conectarche desde a túa casa para gozar das túas clases preferidas ou, simplemente, para conectar co resto da familia ATEGAL. Empeza as semanas cun luns cheo de actividades para poñerche en marcha. Lembra que cada semana poderás […]

Xa están dispoñibles os horarios das aulas!

Achégase o inicio das clases nas nosas aulas e cada sede está a publicar o seu novo horario. Este curso vén con moitas novidades e unha axenda cargada de actividades. Ademais das actividades que se ofrecerán de forma permanente, as nosas coordinadoras complementarán a oferta cultural e de lecer con saídas, encontros e actividades especiais […]

Charla-coloquio | 25N Mulleres maiores vítimas da violencia de xénero

On line

Case 1 de cada 3 mulleres sufriu abusos ao longo da súa vida. Durante o confinamento, os casos de violencia de xénero aumentaron. Por feitos como estes, é necesario concienciarnos e coidarnos a diario. No noso traballo diario tamén debemos contar con esta perspectiva, por iso, con motivo deste 25 de novembro poñemos o foco […]

Horario da PLATAFORMA ONLINE

Plataforma online

Co novo ano volven as clases ás nosas aulas. Atopámonos de volta despois das festas e coas mesmas ganas de aprender e gozar de sempre. Os alumnos e alumnas volven dar máis vida á súa vida nas nosas aulas coas súas clases de pintura ou música. Pero tamén nos conectamos á aula virtual para conectar […]

Faladoiro en liña: Diferenzas culturais entre os países de fala portuguesa

Plataforma online

Unha oportunidade para aprender máis sobre o país veciño e a súa lingua. Poderás conectarche desde onde queiras a través da plataforma de formación en liña de ATEGAL. Esperámosche este luns 14 de febreiro ás 19 h para gozar en directo da charla, aínda que lembra que sempre podes ver a gravación cando máis che […]

VIGO | Día de Rosalía de Castro

Celebramos en Vigo este Día de Rosalía de Castro cun achegamento á súa figura. Grazas ao equipo de voluntariado do Concello de Vigo, este 23 de febreiro gozaremos da súa vida e obra con lecturas, visionado de vídeos e unha pequena representación teatral. Esta actividade non terá ningún custo para os nosos socios e socias. […]