Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

ATEGAL na Mobile Week de Ourense

22 Novembro, 2021 @ 17:00 - 18:00

Free

Nun contexto de pandemia, o confinamento puxo a proba o modelo de atención directa que as Aulas Sénior de Galicia levan desenvolvendo durante máis de 40 anos ofrecendo formación, lecer e cultura á poboación máis maior. ATEGAL debía decidir se permanecer conxelada ata a ansiada nova normalidade ou adaptarse a esta nova situación. Decidimos innovar, como sempre fixemos, e desenvolvemos unha plataforma de formación en liña. Fronte aos prexuízos relacionados coa idade e as dificultades que se presentaban, o alumnado das aulas construíu un espazo propio nesta plataforma onde seguir coa súa rutina de clases, seguir en contacto cos seus compañeiros e compañeiras e, mesmo, contactar con socios e socias doutras partes de Galicia que ata entón non coñecía.

En ATEGAL cremos que as barreiras dixitais, a pesar de que son un reto, supoñen tamén unha oportunidade para xerar novas dinámicas e, como sempre dicimos, dar máis vida á vida. Nesta mesma liña, iniciativas como Hablam representan unha maneira de comprender a tecnoloxía como ferramenta para superar os desafíos aos que se enfronta a sociedade moderna. O noso agora esíxenos cada vez máis poñer ás persoas no centro e poñer en valor aspectos como os coidados, a cohesión e o acompañamento.

Escoita e participa neste evento o vindeiro luns 22 de novembro ás 17h nas nosas aulas de Ourense (Rúa Progreso 66, Entrechán A). Podes conseguir a túa entrada gratuíta AQUÍ

Participarán:

  • MARISA JUSTO | Coordinadora de ATEGAL Ourense
  • PATRICIA ÁLVAREZ | Profesora de nuevas tecnologías
  • MARÍA LUISA HITA | Directora de Operaciones y Cofundadora de Hablam

Details

Date:
22 Novembro, 2021
Time:
17:00 - 18:00
Cost:
Free
Website:
https://mweek.com/agenda/brecha-digital-reto-y-oportunidad/

Venue

Ategal Ourense

Organizer

Mobile Week Ourense
View Organizer Website