Ir al contenido
logo-ategal
  • SOMOS
    • SOBRE ATEGAL
    • EQUIPO ATEGAL
    • CENTROS FORMATIVOS
    • EXPERIENCIA ATEGAL
      • MEMORIAS ANUAIS
      • PROXECTOS
  • AULAS SENIOR
    • QUE SON AULAS SENIOR
    • ÁREAS DE TRABALLO
    • AXENDA DE ACTIVIDADES
    • FORMACIÓN ON-LINE
  • ACTITUDE+55
    • QUE É ACTITUDE+55
    • EMPREGO
    • FORMACIÓN
    • OCIO ACTIVO
  • ACTUALIDADE
  • ASÓCIATE
  • FEDER
Buscar
Cerrar
Facebook-f Twitter Linkedin-in Youtube Instagram
logo-ategal
  • SOMOS
    • SOBRE ATEGAL
    • EQUIPO ATEGAL
    • CENTROS FORMATIVOS
    • EXPERIENCIA ATEGAL
      • MEMORIAS ANUAIS
      • PROXECTOS
  • AULAS SENIOR
    • QUE SON AULAS SENIOR
    • ÁREAS DE TRABALLO
    • AXENDA DE ACTIVIDADES
  • ACTITUDE+55
    • QUE É ACTITUDE+55
    • EMPREGO
    • FORMACIÓN
    • OCIO ACTIVO
  • ACTUALIDADE
    • NOVAS
    • GALERÍA FOTOGRÁFICA
  • ASÓCIATE
  • CONTACTO
  • BUSCAR
Menú
  • SOMOS
    • SOBRE ATEGAL
    • EQUIPO ATEGAL
    • CENTROS FORMATIVOS
    • EXPERIENCIA ATEGAL
      • MEMORIAS ANUAIS
      • PROXECTOS
  • AULAS SENIOR
    • QUE SON AULAS SENIOR
    • ÁREAS DE TRABALLO
    • AXENDA DE ACTIVIDADES
  • ACTITUDE+55
    • QUE É ACTITUDE+55
    • EMPREGO
    • FORMACIÓN
    • OCIO ACTIVO
  • ACTUALIDADE
    • NOVAS
    • GALERÍA FOTOGRÁFICA
  • ASÓCIATE
  • CONTACTO
  • BUSCAR

SOMOS

Un centro pioneiro de formación permanente sociocultural para persoas adultas de 55 ou máis anos en Galicia.

Unha entidade sen fin de lucro,  colaboradora da Xunta de Galicia, con 40 anos de historia.

Pioneiros na formación de adultos, hoxe contamos cunha media de 1.400 socios e con  oito sedes nas catro provincias galegas.

Cun equipo de profesionais
experimentados, con espírito
vocacional e apaixonados polo
seu traballo.

Obxectivos

  • Manter activas as persoas, tanto de forma física como mental na procura de novas aspiracións e desexos.
  • Ser un espazo de creación de vínculos, fomentando as relacións interpersoais, os grupos de intereses comúns e o desfrute co tempo compartido.
  • Potenciar o  desenvolvemento de capacidades e aptitudes, creando e ampliando unha rede de coñecementos para a vida.
  • Formar para ser, saber e estar nos tempos actuais.
  • Promover unha imaxe real e positiva das persoas maiores de 55

MISIÓN

Fomentar a autonomía e independencia.

Formación ante os retos que presenta unha sociedade que evoluciona.

Alcanzar un benestar que  permita cubrir os intereses,  expectativas e potencialidades das persoas maiores de 55 .

Procura dunha calidade de  vida plena.

VISIÓN

Que ATEGAL siga sendo  unha referencia de formación, coñecemento e  ocio para as demandas que  encontramos na sociedade.

Adaptación favorable aos  cambios que esta esixe.

VALORES

Honestidade, rigor e  esforzo.

Mellora continua no trato e  servizo ofrecido. 

Respecto á dignidade e  autonomía de cada persoa  para decidir como queren  vivir a súa vida.

Que facemos

En ATEGAL somos  conscientes de que as situacións, capacidades ou participación social das nosas persoas usuarias son moi dispares. Esta diversidade fai que, hoxe en día, convivan persoas adultas con multitude de matices persoais e tamén profesionais.

Traballamos na organización de programas de formación permanente e ocio, orientados á aprendizaxe e a promover o auto coñecemento, un estilo de vida activo e saudable, a mellora da autoestima e o fomento de redes de apoio entre as persoas usuarias.

Desde ATEGAL procuramos que todas poidan sentirse acollidas e atender ás súas demandas para satisfacer a súas expectativas. Queremos dar resposta as necesidades dun colectivo con formas moi distintas de envellecer, por este motivo contamos con dúas áreas de actuación:

AULAS SENIOR

ACTITUDE+55

Áreas de formación e ocio:
Área cultural | Área ocupacional | Área da saúde | Área de lecer

  • Clases presenciais de  outubro a maio.
  • Unha media de 50 horas de clase en 18 seminarios  distintos.
  • Distintas formacións e  momentos de ocio.
  • Formación en novas  tecnoloxías e a súa  aplicación a vida diaria das persoas.
  • Actividades  interxeneracionais.
  • Programa propio de voluntariado senior cultural e social.
  • Seminarios sobre temas de actualidade e innovación social e tecnolóxica.
Aulas senior

Formación:

  • Reforzo en coñecementos, habilidades, competencias e  aptitudes.
  • Ferramentas e recursos de  actualización e ampliación  de coñecementos.
  • Cursos, obradoiros e  conferencias.
  • Emprendemento.

Ocio activo:

  • Viaxes e experiencias  culturais.
  • Coidado da saúde e  benestar.

Emprego:

  • Espazo coworking.
  • Ofertas laborais.
Actitude+55

ATEGAL, a nosa historia

A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de persoas adultas, é unha entidade sen fin de lucro, colaboradora da Xunta de Galicia, na que están integradas as Aulas Sénior de Galicia-ATEGAL e o programa ACTITUDE+55

As orixes de ATEGAL remóntanse ó 1978. O  Ministerio de Cultura, a  través da Dirección Xeral de  desenvolvemento Comunitario, decidiu poñer en marcha en España o programa “Aulas da  Terceira Idade”, seguindo o exemplo das “Universidades da Terceira Idade” fundadas no 1973 en Toulouse  (Francia).

Respondían así a unha  necesidade e a unha  demanda educativa e  cultural das persoas  maiores de 60 anos.

As aulas de Santiago de Compostela e Vigo,  dirixidas en aquel momento polo xesuíta P. Francisco  Gómez, foron unhas das  cidades fundadoras e pioneiras; e deron pé a  organizar o I Congreso Fundacional das Aulas da Terceira Idade de España, que se celebrou en  Compostela.

Dende a súa fundación,  ATEGAL é membro da  Asociación Internacional de  Aulas da Terceira Idade  (AIUTA) e da  Confederación Española de  Aulas da Terceira Idade  (CEATE).

A NOSA EVOLUCIÓN EN INFOGRAFÍA

1978-1980

FASE

Piloto experimental

Asentáronse as bases, os  obxectivos, a metodoloxía e a planificación das áreas de actividades básicas que debían desenvolver as “Aulas da  terceira idade”.

1980-1982

FASE

De consolidación e profundización

Crecemento do número de alumnos e centros. Destaca a creación dun centro na  Coruña, no que foron clave a evolución de actividades e programas a uns mais  orixinais e participativos.

Eixe: a cultura e a mellora da calidade de vida, a saúde  integral e o benestar das  persoas maiores.

1982-1984

FASE

De descentralización e expansión rexional

A constitución en España das Autonomías favoreceu o afianzamento e  recoñecemento, tanto a  nivel nacional como  internacional, do beneficio da súa actuación social ao  colectivo dos  maiores.

Adquire relevancia o papel de P. Gómez, como director das Aulas de Vigo e como invitado experto a Consellos de  Ministros Europeos e á I Asemblea Mundial do  Envellecemento, celebrada en Viena.

1984-Actualidade

FASE

De normalización e crecemento

Existen 98 “Aulas da  Terceira Idade” que funcionan ao longo de  todalas comunidades  españolas con eficacia.

No 1986 , iníciase a  celebración anual dos Encontros das Aulas de  Galicia.

No 1993 a entidade recibiu a “Medalla de Prata ao Mérito Cidadán” polo Concello de  Santiago.

No 2002 recibimos de Cruz Vermella Española o recoñecemento á Acción  Voluntaria en Madrid.

Dende 2014 somos  membros de EAEA: European Association for  the Education of Adults.

Dende 2019 , ATEGAL está  rexistrada como Entidade de Acción Voluntaria.

No 1995 crease a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de  Adultos, que pasa a ocuparse da xestión das  Aulas da Terceira Idade de  Galicia. Baixo a Presidencia  actual do P. Rafael Romero, as Aulas conseguen   mellorar notablemente a  súa situación económica e comeza unha fase de  renovación.

Durante os últimos anos,  varios proxectos foron premiados pola Obra Social  Caixa Madrid, a Obra Social Viure e Conviure da Caixa  Catalunya, a Fundación  Pedro Barrié da Maza ou a  Obra Social Bancaja.

Así mesmo, destacan os  convenios de colaboración anuais cas tres universidades galegas e a  colaboración cos concellos  ou deputacións, nos que hai  sede das Aulas, para a realización de proxectos  anuais.

SOBRE ATEGAL
  • Somos
  • Asóciate
  • Os nosos colaboradores
  • Contacta con nós
  • Newsletter
AULA SENIOR
ACTITUDE+55
Facebook-f Twitter Linkedin-in Youtube Instagram
  • Aviso legal, condicións de uso, política de privacidade e cookies
  • © ATEGAL
0
Usamos Cookies para optimizar a nosa web e nosos servizos
Funcionais Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}