Nin Edadismo, Nin Fenda Dixital. “Tips de historia”
Este programa é unha continuidade do de NIN EDADISMO NIN FENDA DIXITAL, seguindo coas actuacións de alfabetización dixital en entidades locais e rurais, e coas novas aportacións que xurden destas experiencias. Apostamos por loitar contra o idadismo e fenda dixital con, “Tips de Historia”, onde o principal desafío é a inclusión na convivencia xeneracional. Os protagonistas son as persoas maiores, referentes nas distintas sedes de ATEGAL como Maria Victoria, Eva, Marisel, Manuel… que transmiten coñecemento, conta a Historia de Galicia dende o paleolítico ata a Guerra Civil, explican arte, poñen voz e cara a personaxes destacados da nosa cultura, en vídeos cortos na web de referencia que xa temos do proxecto anterior pero tamén en formato TIK TOK, para chegar, formar e informar ás xeracións máis novas nunha linguaxe familiar e atractiva. É un proxecto de posta en valor do talento senior, interxeneracional, de loita contra o illamento social, onde a tecnoloxía ponse ao servizo dos obxectivos a acadar.
No primeiro vídeo damos unha explicación do que sabemos sobre o home primitivo dende os tempos máis remotos, como era a súa vida e como solucionaba as súas necesidades máis inmediatas. No segundo vídeo se destacan as diversas maneiras de empregar o lume e a súa importancia na vida primitiva. Xa no terceiro vídeo falamos da primeira das revolución das historia do home: o paso de nómade a sedentario, con todo o que isto leva aparellado: agricultura, gandería, oficios. Así continuamos falando sobre a primeira arquitectura monumental, os homes e a súa relación coa espiritualidade, a utilización dos metais e como chegaron a Galicia, a forma de vida nos castros…etc
Índice
- 1 O Paleolítico Escavando na historia
- 2 O lume Paleolítico Escavando na historia
- 3 O home sedentario no Neolítico
- 4 A pedra no neolítico
- 5 O Megalitico
- 6 MITOLOXÍA GALEGA OS XIGANTES
- 7 OS METAIS
- 8 Os Petróglifos
- 9 OS CASTROS
- 10 Os Castros II
- 11 Romanos Parte I A chegada dos romanos
- 12 Romanos II A Conquista de Galicia
- 13 Os Romanos III O Latín
- 14 As Murallas e as Vías Romanas
- 15 Minaría Romana As Minas de Ouro
- 16 A Galicia Romana Pontes e Faros
- 17 O Cristianismo e Prisciliano
- 18 Exeria, a primeira peragrina
- 19 Idade Media Parte 1 Os pobos Xermánicos
- 20 Idade Media Parte II Os Suevos
- 21 Idade Media III Os visigodos
- 22 Fin dos Visigodos Idade Media parte IV
- 23 Descubrimento tumba Apóstolo
- 24 O Apóstolo
- 25 A primeira catedral de Santiago de Compostela
- 26 Santiago de Compostela O Camiño de Santiago
- 27 Os peregrinos
- 28 Santiago de Compostela Catedral románica Parte 1
- 29 Santiago de Compostela A catedral Románica Parte 2
- 30 O pórtico da Gloria A catedral románica de Santiago Parte 3
28 Santiago de Compostela Catedral románica Parte 1
Ou fai click na seguinte ligazón:
29 Santiago de Compostela A catedral Románica Parte 2
Ou fai click na seguinte ligazón:
30 O pórtico da Gloria A catedral románica de Santiago 3
Ou fai click na seguinte ligazón: