Views Navigation

Event Views Navigation

Hoxe

8M | Mujeres na arte do Renacemento

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

A nosa clase de historia da arte tínguese de morado para celebrar o 8 de marzo. Deseñamos unha axenda cargada de actividades para este Día Internacional da Muller. Todos os nosos alumnos e alumnas de Vigo poderán conectar coas mulleres nas artes e as letras do Renacemento este mércores 9 de marzo ás 18:30

8M | Raíñas da idade media

Ategal Santiago Rúa Virxe da Cerca, 31, Santiago de Compostela, A Coruña

Celebramos este Día Internacional da Muller cun repaso da nosa historia. Cada xoves deste mes, as nosas alumnas e alumnos de Santiago de Compostela coñecerán ás Raíñas da idade media. Desmontamos mitos, confirmamos sospeitas e, como sempre, aprendemos do onte para entender o hoxe.

VIGO | Comercio xusto e consumo responsable

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

Un obradoiro no que a organización Solidariedade Internacional dará a coñecer alternativas de consumo responsable comprometidas co desenvolvemento humano e sostible afondando no comercio xusto. Realizarase unha cata de chocolate de comercio xusto.   Este acto forma parte dun conxunto de talleres de Activismo Sénior nas Aulas Sénior de Vigo no mes de marzo.

VIGO | Visita Museo Liste

Museo Liste etnográfico Rúa Pastora, 22, Vigo, Pontevedra, España

As nosas aulas de Vigo gozan dunha nova saída cultural. Nesta ocasión, os nosos socios e socias achegaranse ao Museo Liste cunha visita guiada á exposición "Senlleiros e os seus sendeiros". Alí aprenderemos máis sobre veciños ilustres e históricos da cidade.

VIGO | Participación social. Actuar para transformar

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

Trátase do taller final do conxunto impartido por Solidariedade Internacional sobre Activismo Sénior. Abordaranse xeitos de participación social e activismo, coñocerase "O Globo", unha ferramenta de participación específica que permitirá levar á práctica o aprendido a través do deseño conxunto dunha micro-experiencia de transformación social. Unha actividade totalmente gratuita e aberta a todo o público. […]

VIGO | Roteiro arquitectónico: Michel Pacewicz

Nosas aulas de Vigo vanse de roteiro pola cidade! Nesta ocasión, o equipo de voluntariado cultural do Concello guiaranos a través dun carreiro arquitectónico. Achegámonos á figura e obra do ilustre Michel Pacewicz paso a paso. Coñeceremos o seu legado na cidade, parte da súa vida e o selo da súa arte.

VIGO | Exposición La Palma. Volcán e vida

Teatro García Barbón Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra), VIGO, PONTEVEDRA, España

Gozaremos dunha visita guiada á nova exposición do Teatro García Barbón: La Palma. Volcán e vida. Un roteiro virtual a través das fotografías e textos de diversas testemuñas que pretende facernos reflexionar e conquistarnos coa forza visual.

VIGO | Taller novas tecnoloxías: Alexa

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

A Fundación Esplai volve trasladarse ás nosas aulas de Vigo para formarnos tecnoloxicamente. Nesta ocasión, falarannos de Alexa, o asistente virtual que pode facilitarnos a vida.

SANTIAGO | Taller de saúde

caféLaMorena Rúa de San Clemente, 6, Santiago de Compostela, A Coruña, España

"Sumando calidade á vida", leste é o título do novo taller que acollerán as Aulas Sénior de Santiago de Compostela. Aínda que, nesta ocasión, levámolas ás rúas da cidade. O caféLaMorena acolle estas xornadas sobre saúde, que se ofrecen a todo o público compostelán de maneira gratuíta. Un encontro temático en cada dunha estas datas, […]

SANTIAGO | Taller de saúde

caféLaMorena Rúa de San Clemente, 6, Santiago de Compostela, A Coruña, España

"Sumando calidade á vida", este é o título do novo taller que acollerán as Aulas Sénior de Santiago de Compostela. Aínda que, nesta ocasión, levámolas ás rúas da cidade. O caféLaMorena acolle estas xornadas sobre saúde, que se ofrecen a todo o público compostelán de maneira gratuíta. Un encontro temático en cada dunha estas datas, […]