Views Navigation

Event Views Navigation

Hoxe

VIGO | Día de Rosalía de Castro

Vigo

Celebramos en Vigo este Día de Rosalía de Castro cun achegamento á súa figura. Grazas ao equipo de voluntariado do Concello de Vigo, este 23 de febreiro gozaremos da súa vida e obra con lecturas, visionado de vídeos e unha pequena representación teatral. Esta actividade non terá ningún custo para os nosos socios e socias. […]

Visita guiada Alfredo Alcain

Museo Marco Vigo

As aulas de Vigo visitan o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo para gozar da exposición Alfredo Alcain. Trátase dunha visita guiada na que nos explicarán a linguaxe, técnica e vida deste ilustre pintor. Toda a información para acudir a esta saída cultural dispoñible nas nosas aulas de Vigo. Lembra que podes gozar de […]

VIGO – OURENSE | Saída de Entroido

Vigo

As nosas aulas de Vigo e Ourense únense para celebrar o entroido. Os socios e socias das dúas cidades gozarán dunha saída cultural por Vigo para celebrar esta festa tan nosa. Nela visitarán tanto o Museo do Mar como a propia exposición do arquitecto Antonio Palacios. Ademais, comeremos en familia no Hotel Coia para aproveitar […]

VIGO | Cooperación internacional, educación para a cidadanía global e comercio xusto

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

Primeira sesión do obradoiro Activismo sénior: cooperación internacional e cidadanía global a partir dos 50. Unha actividade impartida pola organización Solidariedade Internacional os luns de marzo (7, 14, 21) de 17:30 a 19h. Nesta ocasión, achegarase unha mirada Global das problemáticas sociais e medioambientais actuais a través do Comercio xusto, a Cooperación Internacional, a Cidadanía Global, […]

VIGO | OBRADOIRO: Activismo Senior

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

Un obradoiro gratuito para contribuir á formación integral das persoas maiores de 50 anos para exercer a cidananía global, promovendo a súa participación social. Será impartido por Solidariedade Internacional nas Aulas de Vigo (Travesía do Pino 2, Entrechán) os días 7, 14 e 21 de marzo de 17:30 a 19h. · 7 de marzo: COOPERACIÓN […]

8M | Faladoiro: Mulleres pintoras

Plataforma online

As nosas aulas de Santiago de Compostela celebran o día da muller cunha axenda cargada de actividades. Este luns 7 de marzo, a nosa voluntaria e alumna María Vitoria Tizón impartirá un faladoiro sobre mulleres pintoras. Usará os seus grandes coñecementos de historia para poñer en valor o papel das mulleres na arte. Ademais, este […]

8M | Localización das ilustres compostelás

Ategal Santiago Rúa Virxe da Cerca, 31, Santiago de Compostela, A Coruña

Este 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller cunha dinámica por Santiago de Compostela. Coa axuda das nosas traballadoras alumnas de prácticas, percorreremos as rúas da cidade para localizar e orientarnos temporalmente para coñecer ás máis ilustres compostelás. Consulta aquí o percorrido e participa nesta actividade aberta a todos os socios e socias […]

8M | Ser muller: en clave optimista

Carballeda da Avia Rua Castelao nº 4 · 32412 | Carballeda de Avia | Ourense, Carballeda da Avia, Ourense, España

Celebramos este 8 de marzo poñendo o foco nas verdadeiras protagonistas, as mulleres. Cun faladoiro a cargo da nosa experta Majo Fares, falaremos de ser muller en clave optimista. O encontro enmárcase dentro de toda unha axenda temática por este Día Internacional da Muller. Terá lugar en Carballeda de Avia ás 18:30h en colaboración co […]

SANTIAGO | Taller Proxecto de vida

Ategal Santiago Rúa Virxe da Cerca, 31, Santiago de Compostela, A Coruña

Arrinca novo taller nas nosas aulas de Santiago de Compostela. Este mércores 9 de marzo, Charlotte Emily Conway, a nosa nova alumna en prácticas, ofrecerá o obradoiro "Proxectos de vida" para todos os nosos socios e socias. Neste encontro profundaremos en que queremos ser de maior, ou que maior queremos ser. Unha vista ao futuro […]

8M | Mujeres na arte do Renacemento

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

A nosa clase de historia da arte tínguese de morado para celebrar o 8 de marzo. Deseñamos unha axenda cargada de actividades para este Día Internacional da Muller. Todos os nosos alumnos e alumnas de Vigo poderán conectar coas mulleres nas artes e as letras do Renacemento este mércores 9 de marzo ás 18:30