Views Navigation

Event Views Navigation

Hoxe

Xa están dispoñibles os horarios das aulas!

Achégase o inicio das clases nas nosas aulas e cada sede está a publicar o seu novo horario. Este curso vén con moitas novidades e unha axenda cargada de actividades. Ademais das actividades que se ofrecerán de forma permanente, as nosas coordinadoras complementarán a oferta cultural e de lecer con saídas, encontros e actividades especiais […]

Charla-coloquio | 25N Mulleres maiores vítimas da violencia de xénero

On line

Case 1 de cada 3 mulleres sufriu abusos ao longo da súa vida. Durante o confinamento, os casos de violencia de xénero aumentaron. Por feitos como estes, é necesario concienciarnos e coidarnos a diario. No noso traballo diario tamén debemos contar con esta perspectiva, por iso, con motivo deste 25 de novembro poñemos o foco […]

Horario da PLATAFORMA ONLINE

Plataforma online

Co novo ano volven as clases ás nosas aulas. Atopámonos de volta despois das festas e coas mesmas ganas de aprender e gozar de sempre. Os alumnos e alumnas volven dar máis vida á súa vida nas nosas aulas coas súas clases de pintura ou música. Pero tamén nos conectamos á aula virtual para conectar […]

Faladoiro en liña: Diferenzas culturais entre os países de fala portuguesa

Plataforma online

Unha oportunidade para aprender máis sobre o país veciño e a súa lingua. Poderás conectarche desde onde queiras a través da plataforma de formación en liña de ATEGAL. Esperámosche este luns 14 de febreiro ás 19 h para gozar en directo da charla, aínda que lembra que sempre podes ver a gravación cando máis che […]

VIGO | Día de Rosalía de Castro

Vigo

Celebramos en Vigo este Día de Rosalía de Castro cun achegamento á súa figura. Grazas ao equipo de voluntariado do Concello de Vigo, este 23 de febreiro gozaremos da súa vida e obra con lecturas, visionado de vídeos e unha pequena representación teatral. Esta actividade non terá ningún custo para os nosos socios e socias. […]

Visita guiada Alfredo Alcain

Museo Marco Vigo

As aulas de Vigo visitan o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo para gozar da exposición Alfredo Alcain. Trátase dunha visita guiada na que nos explicarán a linguaxe, técnica e vida deste ilustre pintor. Toda a información para acudir a esta saída cultural dispoñible nas nosas aulas de Vigo. Lembra que podes gozar de […]

VIGO – OURENSE | Saída de Entroido

Vigo

As nosas aulas de Vigo e Ourense únense para celebrar o entroido. Os socios e socias das dúas cidades gozarán dunha saída cultural por Vigo para celebrar esta festa tan nosa. Nela visitarán tanto o Museo do Mar como a propia exposición do arquitecto Antonio Palacios. Ademais, comeremos en familia no Hotel Coia para aproveitar […]

VIGO | Cooperación internacional, educación para a cidadanía global e comercio xusto

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

Primeira sesión do obradoiro Activismo sénior: cooperación internacional e cidadanía global a partir dos 50. Unha actividade impartida pola organización Solidariedade Internacional os luns de marzo (7, 14, 21) de 17:30 a 19h. Nesta ocasión, achegarase unha mirada Global das problemáticas sociais e medioambientais actuais a través do Comercio xusto, a Cooperación Internacional, a Cidadanía Global, […]

VIGO | OBRADOIRO: Activismo Senior

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

Un obradoiro gratuito para contribuir á formación integral das persoas maiores de 50 anos para exercer a cidananía global, promovendo a súa participación social. Será impartido por Solidariedade Internacional nas Aulas de Vigo (Travesía do Pino 2, Entrechán) os días 7, 14 e 21 de marzo de 17:30 a 19h. · 7 de marzo: COOPERACIÓN […]