Views Navigation

Navegación de vistas de Evento

Today

Cambiamos o noso horario de formación!

Plataforma online

Achégase o verán e para seguir acompañándoche adaptamos o noso horario de formación. Como sabemos que co bo tempo prefires saír de casa e vir máis polas aulas, facilitámoscho. Seguimos ofrecendo un lecer e unha formación ao alcance do teu móbil ou computador, pero máis concentrado. Así que achégache ás aulas cando queiras, e cando […]

ATEGAL desde casa | Horario da plataforma

Plataforma online

Co inicio do curso ponse en marcha tamén a nosa plataforma de formación en liña. Agora xa podes conectarche desde a túa casa para gozar das túas clases preferidas ou, simplemente, para conectar co resto da familia ATEGAL. Empeza as semanas cun luns cheo de actividades para poñerche en marcha. Lembra que cada semana poderás […]

Xa están dispoñibles os horarios das aulas!

Achégase o inicio das clases nas nosas aulas e cada sede está a publicar o seu novo horario. Este curso vén con moitas novidades e unha axenda cargada de actividades. Ademais das actividades que se ofrecerán de forma permanente, as nosas coordinadoras complementarán a oferta cultural e de lecer con saídas, encontros e actividades especiais […]

Charla-coloquio | 25N Mulleres maiores vítimas da violencia de xénero

On line

Case 1 de cada 3 mulleres sufriu abusos ao longo da súa vida. Durante o confinamento, os casos de violencia de xénero aumentaron. Por feitos como estes, é necesario concienciarnos e coidarnos a diario. No noso traballo diario tamén debemos contar con esta perspectiva, por iso, con motivo deste 25 de novembro poñemos o foco […]

Horario da PLATAFORMA ONLINE

Co novo ano volven as clases ás nosas aulas. Atopámonos de volta despois das festas e coas mesmas ganas de aprender e gozar de sempre. Os alumnos e alumnas volven dar máis vida á súa vida nas nosas aulas coas súas clases de pintura ou música. Pero tamén nos conectamos á aula virtual para conectar […]

Faladoiro en liña: Diferenzas culturais entre os países de fala portuguesa

Plataforma online

Unha oportunidade para aprender máis sobre o país veciño e a súa lingua. Poderás conectarche desde onde queiras a través da plataforma de formación en liña de ATEGAL. Esperámosche este luns 14 de febreiro ás 19 h para gozar en directo da charla, aínda que lembra que sempre podes ver a gravación cando máis che […]

VIGO | Día de Rosalía de Castro

Celebramos en Vigo este Día de Rosalía de Castro cun achegamento á súa figura. Grazas ao equipo de voluntariado do Concello de Vigo, este 23 de febreiro gozaremos da súa vida e obra con lecturas, visionado de vídeos e unha pequena representación teatral. Esta actividade non terá ningún custo para os nosos socios e socias. […]

Visita guiada Alfredo Alcain

As aulas de Vigo visitan o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo para gozar da exposición Alfredo Alcain. Trátase dunha visita guiada na que nos explicarán a linguaxe, técnica e vida deste ilustre pintor. Toda a información para acudir a esta saída cultural dispoñible nas nosas aulas de Vigo. Lembra que podes gozar de […]

VIGO – OURENSE | Saída de Entroido

As nosas aulas de Vigo e Ourense únense para celebrar o entroido. Os socios e socias das dúas cidades gozarán dunha saída cultural por Vigo para celebrar esta festa tan nosa. Nela visitarán tanto o Museo do Mar como a propia exposición do arquitecto Antonio Palacios. Ademais, comeremos en familia no Hotel Coia para aproveitar […]