BLOG
Loading...
14 F, unha nova cita no calendario da democracia. As eleccións catalás volven poñer á cidadanía como suxeito político, e, por tanto, protagonista. Aínda que parece que non todos o son, nin as persoas inmigrantes, nin a mocidade nin, unha vez máis, os maiores. A representatividade é o principio básico das nosas institucións. Parlamentos, concellos, asembleas deben ser unha mostra aproximada das nosas rúas para asegurar que nelas reprodúzase o debate que a poboación realmente necesita. Ante isto, debemos preguntarnos: A que sociedade representa unha política na que tan só...
Sen dúbida, os tempos que estamos a vivir fannos ser máis conscientes da importancia da nosa vontade á hora de coidarnos, sen saír da casa e en moitas ocasións, en solitario. Estas circunstancias excepcionais poñen a proba a nosa saúde mental, así saber lidar coa tensión, a ansiedade, etc., seranos máis sinxelo se practicamos algunha actividade física. Desde logo, é nosa gran aliada pois nos proporciona sensación de benestar e relaxación. Ademais, podemos presumir ante as amizades e familiares do noso superpoder de autocuidarnos. Ao facer exercicio liberamos endorfinas,...
Ola, son Paula Sande directora de ATEGAL e hoxe quero compartir con todos vós unha reflexión acerca da idade, a xubilación e a situación actual que está a vivir a nosa sociedade. Teño na mesilla de noite o libro de Antonio Hortas e Iñaki Ortega La revolución de las canas. Téñoo como cabeceira, para consultar, reler, afianzar conceptos e, sobre todo, reflexionar. Ao seu lado, un imprescindible nestes tempos, Bailar con la soledad, esa peculiar compañeira de viaxe de José María Rodríguez Olaizola, SJ. Hai pouco funme a durmir con...
Un dos motivos para aprender inglés sendo adulto é poder desenvolverse ben cando un viaxa. A pesar de que nestes momentos irse de vacacións converteuse nunha misión imposible e pouco recomendable, pronto volveremos gozar do pracer de viaxar. Por iso, en Ategal, seguimos ofertando clases de inglés para viaxeiros/ as. Queremos que vos preparedes para esa próxima viaxe. Así ademais de ter unha impresión diferente da túa viaxe tamén experimentarás algunha que outra gran aventura. Cun bo coñecemento de idiomas volverás a casa con moitos recordos emocionantes das túas vacacións....
Unha vez máis tócanos reflexionar sobre o papel da tecnoloxía na nosa vida diaria e preguntámonos: é fundamental ter internet na casa e ter unha boa cobertura? Que non falle, que non se nos colgue, que podamos conectarnos varias persoas á vez, que o móbil poida con todo... A resposta clara é SI! e dá igual como sexa a composición do noso fogar. Persoas maiores ou mozos, todos necesitamos conectarnos cada día por calquera motivo. Segundo o Instituto Galego Estatístico (IGE) na súa enquisa estrutural dos fogares, a porcentaxe de...
Ola son María José Fares psicóloga de ATEGAL e hoxe lánzovos a seguinte pregunta: E ti que maior queres ser? Será porque levo xa varios anos traballando con persoas maiores, pero o certo é que mo pregunto moito, como quero ser agora, nuns anos… Sobre todo, cuéstionome se a sociedade na que vivimos está capacitada para cubrir as miñas expectativas de futuro e chega a pandemia e deixamos de ocuparnos do importante. Facendo que o urxente borre dun golpe calquera modelo centrado na persoa, no respecto e na autonomía de...
Estamos ante un cambio onde se desdebuxan os límites da idade cronolóxica, e o que prima é o estilo de vida. Trátase dun fenómeno poboacional que está a cambiar as estruturas demográficas europeas, é dicir, a denominada “Revolución da lonxevidade”. Todo un triunfo da sociedade do benestar con ampla repercusión social, económica e cultural. Unha revolución silenciosa que demanda cambios importantes na sociedade respecto aos retos que supón vivir máis e vivir mellor. Así como, un profundo cambio do modo de entender a formación e sobre todo o proceso de...