ACTUALIDADE
Loading...
As Aulas de Ferrol fixeron as maletas para vivir unha nova excursión das que tanto gustan. Ninguén quixo perderse esta viaxe que levou ao alumnado para coñecer ao noso país veciño, pero tamén a coñecerse máis entre eles. Nada, nin sequera a choiva e o ceo gris, puido quitarlles as ganas de vivir esta experiencia. Con ese mesmo ánimo, percorreron durante o primeiro día Amarante, onde un guía profesional ensinoulles ata os lugares máis escondidos. Viseu foi a seguinte parada, cunha apaixonante viaxe polas súas rúas e a súa historia....
As Aulas Sénior de Galicia poñen o foco neste Día Internacional das Persoas Maiores. Este 1 de outubro é un día especial, no que cabe a celebración e tamén a reivindicación. Todas as aulas organizaron durante esta semana numerosas actividades para mostrar que a idade non é un límite. A curiosidade, as ganas de aprender e a enerxía para seguir facendo cousas non teñen por que terminar. As Aulas de Ourense gozaron dunha excursión á vila romana Aquis Querquennis para coñecer máis a fondo o patrimonio da provincia. En Vigo...
As Aulas Sénior de Galicia xa están preparadas para o inicio deste novo curso. As nosas coordinadoras abriron as portas de todas as súas aulas para atender a calquera que queira dar máis vida á vida. Por iso, estarán encantadas de informar a todo o mundo das novidades deste curso. Durante os próximos días quedarán confeccionados os novos horarios de cada sede, coas novas propostas de lecer, e as clásicas que todo o mundo quere gozar. Non perdas o tempo e consegue a túa matrícula deste curso.
ATEGAL comeza un novo curso, e nesta volta estamos a preparar moitas novidades. Desde este luns 4 de setembro, as Aulas Sénior de Galicia abriron xa as súas portas para todo o mundo. E desde hoxe iremos anunciando todo o que ATEGAL ofrecerá durante este 2023-2024. Así que non perdas de vista a páxina web de ATEGAL e as súas redes sociais, porque informarán de todo o que organizamos. E, por suposto, podes contactar con calquera das aulas para sumarte e informarte de todas as actividades.
As Aulas Sénior vanse de viaxe de fin de curso. Despois dun ano enteiro aprendendo de arte e historia, chegou o momento de gozalo en persoa. Por iso, ATEGAL foise de viaxe de fin de curso a Roma, onde decenas de alumnos compartiron marabillosas experiencias culturais, gastronómicas e vitais. A mellor proba do lema de ATEGAL: Dar máis vida á vida! Anterior Siguiente
Faro de Vigo investigou sobre os beneficios da ximnasia para as persoas maiores. Para iso, contactou cos maiores expertos neste terreo. Contaron coas Aulas de Vigo para ofrecer o testemuño directo dos protagonistas. A coordinadora das aulas de Vigo, Macarena Alonso, relatou como o exercicio físico pode chegar a atrasar o envellecemento e a fomentar a autonomía. Pero tamén contou canto gozan os alumnos das clases de ximnasia en ATEGAL. Tamén, das clases de Taichi, onde melloran o control corporal. Aínda que, probablemente, o máis beneficioso é a socialización e...
ATEGAL despide un curso no que non estivemos parados nin un só día. O 2022-2023 foi un curso especial no que as aulas gozaron de espectaculares saídas culturais, emotivos encontros, novas clases, proxectos innovadores e, por suposto, a gran familia ATEGAL. E, para estar á altura de todo o vivido neste curso, despedímolo agora con actos por toda Galicia. En Vigo gozamos o pasado venres 9 de xuño dun incrible festival propio no que o alumnado puido demostrar todo o aprendido nas clases de taichi e ximnasia. Ademais de exhibicións...
A Porta Aberta entra nas Aulas Sénior de Galicia para coñecer máis sobre a actividade de ATEGAL e o seu alumnado. Este programa da TVG percorreu a historia das Aulas con algúns dos seus protagonistas. A directora Paula Sande falou da alma deste espazo cultural no que os maiores de Galicia dan máis vida á vida. O Presidente, Ángel Fagilde, repasou a historia de ATEGAL como a primeira Aula da Terceira Idade de España. Majo Fares quixo falar do acompañamento que ATEGAL fai aos socios e socias, e a familia...
Non hai mellor maneira de celebrar o Día das Letras Galegas que con cultura. Así pensaba o alumnado das Aulas Sénior de Santiago, que pasaron as últimas semanas preparando un gran acto para este luns. Os maiores da cidade gozaron dunha gran actuación musical seguida dun recital para homenaxear a Francisco Fernández del Riego. Noelia Rey González, coordinadora de ATEGAL, explicou a iniciativa: "As alumnas do coro e de literatura aproximáronse á figura de Francisco nas últimas clases para coñecer máis sobre a nosa cultura, e reflectírono con estas actuacións...
As Aulas de Ourense cumpren xa XX edicións colaborando coa Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo nunhas ilusionantes Xornadas Interxeracionais. Trátase dun especial encontro entre mozos e maiores que ofrece un exemplo perfecto de que uns e outros non teñen moita máis diferencia que a súa idade. Todos comparten as ganas de vivir, de gozar e de unirse. Este xoves 13 de abril Ourense acollerá a XX edición das Xornadas Interxeracionais que arrincarán ás 10:00 horas na Praza Maior coa lectura do manifesto. A continuación, os...