Ir al contenido
logo-ategal
  • SOMOS
    • SOBRE ATEGAL
    • EQUIPO ATEGAL
    • CENTROS FORMATIVOS
    • EXPERIENCIA ATEGAL
      • MEMORIAS ANUAIS
      • PROXECTOS
  • AULAS SENIOR
    • QUE SON AULAS SENIOR
    • ÁREAS DE TRABALLO
    • AXENDA DE ACTIVIDADES
    • FORMACIÓN ON-LINE
  • ACTITUDE+55
    • QUE É ACTITUDE+55
    • EMPREGO
    • FORMACIÓN
    • OCIO ACTIVO
  • ACTUALIDADE
  • ASÓCIATE
  • FEDER
Buscar
Cerrar
Facebook-f Twitter Linkedin-in Youtube Instagram
logo-ategal
  • SOMOS
    • SOBRE ATEGAL
    • EQUIPO ATEGAL
    • CENTROS FORMATIVOS
    • EXPERIENCIA ATEGAL
      • MEMORIAS ANUAIS
      • PROXECTOS
  • AULAS SENIOR
    • QUE SON AULAS SENIOR
    • ÁREAS DE TRABALLO
    • AXENDA DE ACTIVIDADES
  • ACTITUDE+55
    • QUE É ACTITUDE+55
    • EMPREGO
    • FORMACIÓN
    • OCIO ACTIVO
  • ACTUALIDADE
    • NOVAS
    • GALERÍA FOTOGRÁFICA
  • ASÓCIATE
  • CONTACTO
  • BUSCAR
Menú
  • SOMOS
    • SOBRE ATEGAL
    • EQUIPO ATEGAL
    • CENTROS FORMATIVOS
    • EXPERIENCIA ATEGAL
      • MEMORIAS ANUAIS
      • PROXECTOS
  • AULAS SENIOR
    • QUE SON AULAS SENIOR
    • ÁREAS DE TRABALLO
    • AXENDA DE ACTIVIDADES
  • ACTITUDE+55
    • QUE É ACTITUDE+55
    • EMPREGO
    • FORMACIÓN
    • OCIO ACTIVO
  • ACTUALIDADE
    • NOVAS
    • GALERÍA FOTOGRÁFICA
  • ASÓCIATE
  • CONTACTO
  • BUSCAR
  • Actualidad, Actualidad, Consejos, Consellos, Entrevistas, Entrevistas, Estilo de vida, Estilo de vida, Non classifié(e), Notas de prensa, Notas de prensa, Ocio & Tiempo Libre, Ocio e Tempo Libre, Salud & Bienestar, Saúde e Benestar, Sin categorizar, Uncategorized, Uncategorized @gl, Uncategorized @gl, Uncategorized @gl

Morro por preguntarche

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir
20 May 2021

O martes 11 de maio reunímonos varias xeracións para falar sobre temas relacionados coa vida, a educación, a familia, valores. Aproveitamos a ocasión, dado que temos alumnado en prácticas da USC (Máster de Formación e Máster de Psicogerontología) e do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Parecíanos o momento oportuno para escoitarnos e compartir reflexións.

Entre as conclusións xerais recollidas polas nosas alumnas:

1. Sobre os nosos pais e nais. Como describirías a forma de educar dos teus pais e familia?
Tanto as persoas maiores como as máis novas afirman que os seus pais educáronlles tendo como base o respecto polos demais, a humildade cun mesmo e coa vida, con moito amor e agarimo. As xeracións máis maiores fan referencia a esa convivencia cos avós/as e que tamén recaía sobre eles o peso da súa educación, facilitando así que os nenos/as tivesen a experiencia de relacionarse con persoas maiores desde pequenos, algo que actualmente non é tan habitual.

Fálase desa educación compartida cos veciños/as da aldea, creándose unha rede de contacto máis ampla, próxima e nunha contorna máis natural. En varias ocasións sae o concepto de “educación tradicional”. Unha educación formal, tradicional, centrada nos valores do momento, con prioridade de que os fillos estudases e puidesen alcanzar as súas metas. Aínda que se falase dunha educación tradicional, comentouse que os pais/nais adaptábanse e evolucionaban á vez que crecían e avanzaban os nenos/as e os tempos. Deste avance sae que, aínda que mozos e maiores falan de educación tradicional, esta ten pequenos matices que a diferencian. Menciónanse outros valores como o compartir, non ser persoas egoístas e a empatía.

Como describirías a personalidade do teu pai e da túa nai? Ambos os grupos de idade desfanse en afagos para as que son as súas figuras de referencia. As persoas maiores ao falar dos seus pais/nais fano cunha tinguidura nostálxica e con moito amor. Unha pregunta cuxas respostas mostran a importancia e o impacto que teñen os pais nas persoas nas que nos convertemos.

En que medida séntesche identificado? Nos dous grupos de idade faise a reflexión de que se parecen tanto aos seus pais como ás súas nais, sacaron un pouco de cada un. Parecémonos naquilo que queremos imitar, nas calidades boas que vemos neles. A pais e nais descríbeselles, en liñas xerais, como traballadores, independentes, respectuosos, cariñosos e responsables. Algúns dos maiores din frases moi interesantes como: “Oxalá facelo a metade de ben que eles”, “quero parecerme a eles e sen xulgar sempre”

2. Sobre ti.

Que é o que máis che motiva? Na maior parte dos casos a motivación vén de poder compartir tempo coa xente que queren e de conseguir metas persoais. Algúns dos exemplos son: manterse activa (coméntase que acudir a ATEGAL é unha motivación para elas), saír a camiñar pronto polas mañás, ver á familia unida, terminar os estudos e converterse en grandes profesionais… Nas respostas a esta pregunta non se aprecia grandes diferenzas nas motivacións de mozas e maiores, indicador quizais do momento vital que están a vivir cada xeración.

De que che sentes agradecido/a? Pódese afirmar que a maior parte dos asistentes senten agradecidos pola súa familia e amigos. Fálase de agradecemento por nacer no tempo que lle tocou vivir, con todas as liberdades que lle dan a actualidade.

Se puideses ter un superpoder, cal sería? As xeracións maiores optan por superpoderes máis relacionados coa realidade e con beneficio nos demais: sensatez para todo o mundo, quitar a maldade, persoas máis responsables, terminar coas desigualdades mundiais (fame, pobreza…). Mentres que as xeracións máis novas optan por opcións un pouco máis fantasiosas e centrados neles mesmos, por exemplo: teletransporte, control do tempo, telequinesis ou ser invisible.

3.Sobre a mocidade e as persoas maiores.

Que cousas crees que os maiores non entenden dos mozos? Se as hai… e viceversa. Por parte dos adultos maiores critícase a cultura da inmediatez, consideran que agora se premia o que se consegue rápido, sen ter en conta nada máis, antes ensinábase e valorábase o esforzo. Os mozos cren que ás persoas maiores non entenden o facerse tatuaxes e piercings, determinados aspectos das novas tecnoloxías, o amor romántico de agora, o vocabulario e os insultos, groserías… Pero desta pregunta sácase unha conclusión xeral, ambos os grupos teñen moito que achegar e aprender uns doutros.

Nas redes

SOBRE ATEGAL
  • Somos
  • Asóciate
  • Os nosos colaboradores
  • Contacta con nós
  • Newsletter
AULA SENIOR
ACTITUDE+55
Facebook-f Twitter Linkedin-in Youtube Instagram
  • Aviso legal, condicións de uso, política de privacidade e cookies
  • © ATEGAL
0
Usamos Cookies para optimizar a nosa web e nosos servizos
Funcionais Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}