Ir ao contido
logo-ategal
  • SOMOS
    • SOBRE ATEGAL
    • EQUIPO ATEGAL
    • CENTROS FORMATIVOS
    • EXPERIENCIA ATEGAL
      • MEMORIAS ANUAIS
      • PROXECTOS
  • AULAS SENIOR
    • QUE SON AULAS SENIOR
    • ÁREAS DE TRABALLO
    • AXENDA DE ACTIVIDADES
    • FORMACIÓN ON-LINE
  • ACTITUDE+55
    • QUE É ACTITUDE+55
    • FORMACIÓN
    • OCIO ACTIVO
  • ACTUALIDADE
  • ASÓCIATE
  • FEDER
  • GL
    • EN
    • FR
    • ES
Search
Close this search box.
Facebook-f Twitter Linkedin-in Youtube Instagram
logo-ategal
  • SOMOS
    • SOBRE ATEGAL
    • EQUIPO ATEGAL
    • CENTROS FORMATIVOS
    • EXPERIENCIA ATEGAL
      • MEMORIAS ANUAIS
      • PROXECTOS
  • AULAS SENIOR
    • QUE SON AULAS SENIOR
    • ÁREAS DE TRABALLO
    • AXENDA DE ACTIVIDADES
  • ACTITUDE+55
    • QUE É ACTITUDE+55
    • EMPREGO
    • FORMACIÓN
    • OCIO ACTIVO
  • ACTUALIDADE
    • NOVAS
    • GALERÍA FOTOGRÁFICA
  • ASÓCIATE
  • CONTACTO
  • BUSCAR
  • GL
    • EN
    • FR
    • ES
Menu
  • SOMOS
    • SOBRE ATEGAL
    • EQUIPO ATEGAL
    • CENTROS FORMATIVOS
    • EXPERIENCIA ATEGAL
      • MEMORIAS ANUAIS
      • PROXECTOS
  • AULAS SENIOR
    • QUE SON AULAS SENIOR
    • ÁREAS DE TRABALLO
    • AXENDA DE ACTIVIDADES
  • ACTITUDE+55
    • QUE É ACTITUDE+55
    • EMPREGO
    • FORMACIÓN
    • OCIO ACTIVO
  • ACTUALIDADE
    • NOVAS
    • GALERÍA FOTOGRÁFICA
  • ASÓCIATE
  • CONTACTO
  • BUSCAR
  • GL
    • EN
    • FR
    • ES
  • Actualidad, Consellos, Estilo de vida, Ocio e Tempo Libre, Saúde e Benestar, Tecnoloxía

A revista de ATEGAL, un proxecto interxeracional

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir
29 Mar 2021

Este artigo foi redactado por María San Martín López e Lorena Suárez Sánchez, alumnas de prácticas do grao de Traballo Social (USC)

Xa que na actualidade as novas tecnoloxías teñen unha gran presencia, tanto na sociedade en xeral coma na asociación, pensamos que sería unha boa idea crear unha revista en formato virtual.

Os principais obxectivos que nos plantexamos con esta revista consisten en promover a participación das persoas socias de Ategal, tratando temas do seu propio interese. Desta maneira, poderán compartir coñecementos e experiencias co resto (xa sexan socias de Ategal ou non).

O programa que utilizamos permite incluir tanto texto coma imaxes, vídeos ou audios, polo que á hora de participar poderase elixir entre algunha destas opcións, e incluso combinalas!

“O acceso é sinxelo para todo o mundo e ademais gratuito”

Así mesmo, debido ao seu formato virtual, o acceso é sinxelo para todo o mundo e ademais gratuíto. A maneira de compartila é mediante un enlace, polo que poderá lerse tanto dende o móbil coma a tableta ou mesmo dende un ordenador.
Ademais, outra das características máis relevantes desta revista é que o contido aportado provén das persoas que participan en Ategal. Así, cada persoa podería falar dos temas que sexan do seu propio interese.

Estas son algunhas das ideas, pero estamos abertas a calquera outra proposta que queirades compartir!

Literatura: podes falar do teu libro favorito, facer un comentario de opinión sobre unha novela, recomendar un relato que che gustara…
Arte: podes mandarnos algún cadro que pintaras ou unha foto do teu cadro favorito nun museo (cun pequeno comentario)…
Deportes: o teu deporte favorito, deporte que recomendas, anécdotas mentres practicabas un deporte, novas deportivas que che parezan interesantes…
Cine: podes comentar a túa película favorita, ou recomendarnos a serie que mais che “enganchou”!
Música: falar dun artista ou grupo que che guste moito ou que che gustaría que coñecese mais xente, recomendar a túa canción favorita…
Youtube: poderás compartir calquera vídeo desta plataforma que che pareza interesante sexa do contido que sexa.
“Terra trágame!”: pódeste animar a contar algunha experiencia que che causase vergoña e que chegases a pensar “terra, trágame!” aínda que agora che produza risa.
Amor: poderás compartir historias ou reflexións sobre o amor (experiencia amorosa, a maior loucura por amor, amor filial…)
Animais: fálanos da túa mascota ou do teu amor polo animais, curiosidades destes…
Receitas: comparte con todas/os nós as túas especialidades culinarias e confesa os teus segredos e receitas familiares que pasan de xeración en xeración.
Viaxes: recomendacións de lugares que visitar, a experiencia da túa mellor viaxe, destinos pendentes…
Moda, xoiería, coidados persoais…
Manualidades: calquera manualidade que se che de ben e queiras compartir cos/as demais. Podes mostrarnos o proceso e tamén os resultados…
Entretemento: crucigramas, sopas de letras, horóscopos, busca as diferenzas…

Animámosvos a participar!

Traballar no primeiro número da revista púxonos máis en contacto a todos e a todas. Encántanos coñecer as vosas experiencias, os vosos pensamentos, os vosos intereses… Isto fai que nos podamos coñecer máis entre todos aínda que sexa a través dunha pantalla. Gustaríanos que seguísedes participando achegando todo o contido que queirades, e así, cando nos coñezamos en persoa xa saberemos un pouquiño máis de todos e todas vós.

Nas redes

SOBRE ATEGAL
  • Somos
  • Asóciate
  • Os nosos colaboradores
  • Contacta con nós
  • Newsletter
AULA SENIOR
ACTITUDE+55
Facebook-f Twitter Linkedin-in Youtube Instagram
  • Aviso legal, condicións de uso, política de privacidade e cookies
  • © ATEGAL
Usamos Cookies para optimizar a nosa web e nosos servizos
Funcionais Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}