Loading...
Seguimos crecendo e mellorando para atender ás vosas necesidades e as de toda a poboación sénior de Galicia. Por iso, participamos no programa Re-acciona para capacitarnos ante os novos retos. Trátase dunha colaboración público-privada que se basea en catro ámbitos: o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a dixitalización e a innovación.
Aulas + Social nace co fin de acompañar e apoiar na conquista de todas as etapas da vida, a través dun espazo físico de referencia, dun profesional con novas competencias e dun grupo motor conformado por socios e socias voluntarios/as de Ategal. O obxectivo é conectar persoas e recursos, problemas con solucións, necesidades con posibilidades e expectativas con respostas, favorecendo a inclusión “neste novo modelo de envellecemento”. Entendémolo como un modelo de innovación social. Aulas + Social é un espazo máis de Ategal, que outorga ao concepto de educación unha...
Estamos rexistrados como Entidade de Acción Voluntaria, no rexistro xeral da Dirección Xeral de voluntariado. Dende este curso temos recoñecido oficialmente o traballo coñecido algunhas veces e outras anónimo que moitos de alumnos realizan en ATEGAL, cultural: impartindo clases e liderando traballos grupais onde o coñecemento é o centro do proxecto, como o que estamos realizando sobre 1978, ano de fundación de ATEGAL ou social: acompañando a compañeiros ou persoas que o precisen. Este é un éxito que creo que debemos compartir entre todos, porque ten moito que ver cos...