SOMOS
Un centro pioneiro de formación permanente sociocultural para persoas adultas de 55 ou máis anos en Galicia.
Unha entidade sen fin de lucro, colaboradora da Xunta de Galicia, con 45 anos de historia.
Pioneiros na formación de adultos, hoxe contamos cunha media de 1.400 socios e con nove sedes nas catro provincias galegas.
Cun equipo de profesionais
experimentados, con espírito
vocacional e apaixonados polo
seu traballo.
Obxectivos
- Manter activas as persoas, tanto de forma física como mental na procura de novas aspiracións e desexos.
- Ser un espazo de creación de vínculos, fomentando as relacións interpersoais, os grupos de intereses comúns e o desfrute co tempo compartido.
- Potenciar o desenvolvemento de capacidades e aptitudes, creando e ampliando unha rede de coñecementos para a vida.
- Formar para ser, saber e estar nos tempos actuais.
- Promover unha imaxe real e positiva das persoas maiores de 55
MISIÓN
Fomentar a autonomía e independencia.
Formación ante os retos que presenta unha sociedade que evoluciona.
Alcanzar un benestar que permita cubrir os intereses, expectativas e potencialidades das persoas maiores de 55 .
Procura dunha calidade de vida plena.
VISIÓN
Que ATEGAL siga sendo unha referencia de formación, coñecemento e ocio para as demandas que encontramos na sociedade.
Adaptación favorable aos cambios que esta esixe.
VALORES
Honestidade, rigor e esforzo.
Mellora continua no trato e servizo ofrecido.
Respecto á dignidade e autonomía de cada persoa para decidir como queren vivir a súa vida.
Que facemos
En ATEGAL somos conscientes de que as situacións, capacidades ou participación social das nosas persoas usuarias son moi dispares. Esta diversidade fai que, hoxe en día, convivan persoas adultas con multitude de matices persoais e tamén profesionais.
Traballamos na organización de programas de formación permanente e ocio, orientados á aprendizaxe e a promover o auto coñecemento, un estilo de vida activo e saudable, a mellora da autoestima e o fomento de redes de apoio entre as persoas usuarias.
Desde ATEGAL procuramos que todas poidan sentirse acollidas e atender ás súas demandas para satisfacer a súas expectativas. Queremos dar resposta as necesidades dun colectivo con formas moi distintas de envellecer, por este motivo contamos con dúas áreas de actuación:
AULAS SENIOR
ACTITUDE+55
Áreas de formación e ocio:
Área cultural | Área ocupacional | Área da saúde | Área de lecer
- Clases presenciais de outubro a maio.
- Unha media de 50 horas de clase en 18 seminarios distintos.
- Distintas formacións e momentos de ocio.
- Formación en novas tecnoloxías e a súa aplicación a vida diaria das persoas.
- Actividades interxeneracionais.
- Programa propio de voluntariado senior cultural e social.
- Seminarios sobre temas de actualidade e innovación social e tecnolóxica.
Formación:
- Reforzo en coñecementos, habilidades, competencias e aptitudes.
- Ferramentas e recursos de actualización e ampliación de coñecementos.
- Cursos, obradoiros e conferencias.
- Emprendemento.
Ocio activo:
- Viaxes e experiencias culturais.
- Coidado da saúde e benestar.
Emprego:
- Espazo coworking.
- Ofertas laborais.
ATEGAL, a nosa historia
A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de persoas adultas, é unha entidade sen fin de lucro, colaboradora da Xunta de Galicia, na que están integradas as Aulas Sénior de Galicia-ATEGAL e o programa ACTITUDE+55
As orixes de ATEGAL remóntanse ó 1978. O Ministerio de Cultura, a través da Dirección Xeral de desenvolvemento Comunitario, decidiu poñer en marcha en España o programa “Aulas da Terceira Idade”, seguindo o exemplo das “Universidades da Terceira Idade” fundadas no 1973 en Toulouse (Francia).
Respondían así a unha necesidade e a unha demanda educativa e cultural das persoas maiores de 60 anos.
As aulas de Santiago de Compostela e Vigo, dirixidas en aquel momento polo xesuíta P. Francisco Gómez, foron unhas das cidades fundadoras e pioneiras; e deron pé a organizar o I Congreso Fundacional das Aulas da Terceira Idade de España, que se celebrou en Compostela.
Dende a súa fundación, ATEGAL é membro da Asociación Internacional de Aulas da Terceira Idade (AIUTA) e da Confederación Española de Aulas da Terceira Idade (CEATE).
A NOSA EVOLUCIÓN EN INFOGRAFÍA
1978-1980
FASE
Piloto experimental
Asentáronse as bases, os obxectivos, a metodoloxía e a planificación das áreas de actividades básicas que debían desenvolver as “Aulas da terceira idade”.
1980-1982
FASE
De consolidación e profundización
Crecemento do número de alumnos e centros. Destaca a creación dun centro na Coruña, no que foron clave a evolución de actividades e programas a uns mais orixinais e participativos.
Eixe: a cultura e a mellora da calidade de vida, a saúde integral e o benestar das persoas maiores.
1982-1984
FASE
De descentralización e expansión rexional
A constitución en España das Autonomías favoreceu o afianzamento e recoñecemento, tanto a nivel nacional como internacional, do beneficio da súa actuación social ao colectivo dos maiores.
Adquire relevancia o papel de P. Gómez, como director das Aulas de Vigo e como invitado experto a Consellos de Ministros Europeos e á I Asemblea Mundial do Envellecemento, celebrada en Viena.
1984-Actualidade
FASE
De normalización e crecemento
Existen 98 “Aulas da Terceira Idade” que funcionan ao longo de todalas comunidades españolas con eficacia.
No 1986 , iníciase a celebración anual dos Encontros das Aulas de Galicia.
No 1993 a entidade recibiu a “Medalla de Prata ao Mérito Cidadán” polo Concello de Santiago.
No 2002 recibimos de Cruz Vermella Española o recoñecemento á Acción Voluntaria en Madrid.
Dende 2014 somos membros de EAEA: European Association for the Education of Adults.
Dende 2019 , ATEGAL está rexistrada como Entidade de Acción Voluntaria.
No 1995 crease a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, que pasa a ocuparse da xestión das Aulas da Terceira Idade de Galicia. Baixo a Presidencia actual do P. Rafael Romero, as Aulas conseguen mellorar notablemente a súa situación económica e comeza unha fase de renovación.
Durante os últimos anos, varios proxectos foron premiados pola Obra Social Caixa Madrid, a Obra Social Viure e Conviure da Caixa Catalunya, a Fundación Pedro Barrié da Maza ou a Obra Social Bancaja.
Así mesmo, destacan os convenios de colaboración anuais cas tres universidades galegas e a colaboración cos concellos ou deputacións, nos que hai sede das Aulas, para a realización de proxectos anuais.