SOMOS
Proxectos
Loading...
Como non hai mellor forma de entender a historia que vivíndoa, ATEGAL Santiago levou a cabo unha ruta polo Casco Histórico de Santiago para analizar a pegada que a historia nos legou a través das súas rúas. A actividade englóbase no proxecto da asociación Nin idadismo nin fenda dixital. Tips de historia. A través da elaboración de vídeos curtos, Ategal comparte coñecementos de historia – dende o paleolítico ata a Idade Media, con especial incidencia no tema da Catedral e o Camiño de Santiago – nunha linguaxe atractiva para as...
ATEGAL forma parte dende o comezo da rede internacional StopEdadismo onde queremos concienciar á sociedade e a nosa contorna do que é a discriminación por temas de idade e como a través da educación, a lexislación e as actividades entre xeracións podemos traballar para que loitar contra esta discriminación. Formamos parte do Consello Asesor da primeira estratexia galega en contra do Idadismo e temos en marcha proxectos para visibilizar os microedadismos que temos incorporados no noso día a día e temos que desterrar.
APP PARA AXUDARTE NOS CAXEIROS Descarga en Google Play (Móviles Android) Versión web (resto de plataformas) #STOPEDADISMO Nin Edadismo, Nin Fenda Dixital. “Tips de historia”
Aínda que a Asociación leva 45 anos desenvolvendo proxectos para a promoción do envellecemento activo en clave da saúde e do benestar a través dun potente modelo (Aulas Senior) que xira arredor da aprendizaxe permanente ao longo da vida, na actualidade é necesario reformular este modelo.Esta necesidade xorde porque detectamos, no día a día, a que as persoas maiores evolucionan de forma diferente; deben afrontar novos escenarios non esperados, con cambios moi rápidos en pouco tempo e que provocan inseguridades non previstas, para as que debemos buscar novas respostas.O mundo...
A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos é unha Entidade de Acción Voluntaria dende o ano 2019 co número de rexistro O-867. Está nos obxectivos da entidade o poñer en valor o talento senior así como promover actividades interxeneracionais que eduquen en contra a discriminación por temas de idade. Estes obxectivos son os principais do programa de Voluntariado Senior que se desenvolve anualmente na entidade. Un grupo de 28 persoas maiores da entidade exercen como: • voluntarios culturais: impartindo seminarios, deseñando saídas e visitas culturais e dinamizando os...
Seguimos crecendo e mellorando para atender ás vosas necesidades e as de toda a poboación sénior de Galicia. Por iso, participamos no programa Re-acciona para capacitarnos ante os novos retos. Trátase dunha colaboración público-privada que se basea en catro ámbitos: o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a dixitalización e a innovación.
ATEGAL Senior Lab #SeniorLabAtegal o único Lab onde os protagonistas son as persoas maiores, os que acumulan coñecementos, experiencias e talento e queremos que traballen man con man coas empresas que están pensando neles como destinatarios dos seus produtos e/ou servicios.Isto o estamos a realizar dende hai 5 anos coa administración e as universidades, neste curso estamos en ACTIVAGE da man de Cruz Vermella, no Simpático coa Xunta de Galicia, etc.. agora queremos facer deste proxecto que naceu en ATEGAL un proxecto global, onde todos teñamos cabida e que as...
Proxecto NEURONUP, estimulación cognitiva on-line e con dispositivos móbiles, co apoio de Obra Social La Caixa. É unha plataforma líder en rehabilitación cognitiva profesional. A mellor ferramenta de adestramento cerebral que permite unha intervención intensiva e personalizada, sendo un recurso de gran valor para especialistas en procesos de neurorehabilitación e prevención de déficits cognitivos funcionais. Buscamos dar un paso máis na formación de calidade que nos avale, introducindo novas tecnoloxías de xeito natural na dinámica diaria da clase, non imposta. Para iso estamos empregando tabletas dixitais e tamén están traballando...
En colaboración coa Fundación Vodafone España. O proxecto desenvolveuse dende o mes de decembro de 2017 e rematou en marzo de 2018. Os destinatarios foron persoas de 50 ou máis anos da comunidade de Galicia que teñen o interese en estar ao día no uso e manexo das novas tecnoloxías e desexen entender e sacarlle o máximo partido aos teléfonos intelixentes e/ou as tabletas dixitais. Este proxecto desenvolveuse no seu comezo nas diferentes sedes de ATEGAL pero tamén o estendemos a concellos de Galicia, a rede de centros sociocomunitarios da...
En colaboración coa Xunta de Galicia, a través do programa Xacobeo 2021, desenvolvemos un produto multimedia que explica como era Santiago e as peregrinacións nos anos 70 e 80. Trátase dun libro único elaborado polos alumnos de ATEGAL Santiago e outras colaboracións e coordinado e dirixido por Dona María Vitoria Tizón Martín, alumna, e profesora voluntaria de ATEGAL.
En colaboración coa empresa VIAQUA, nas cidades de Ourense e Santiago. Este proxecto permite a ATEGAL traer novos profesionais de prestixio como a doutora e adestradora Dona Estefanía Zardoya e todo o seu equipo. No último trimestre do ano, estamos a impartir esta formación en Vigo da man da Deputación Provincial. É fundamental e destacable que a RSC (Responsabilidade Social Corporativa) das empresas aposten pola prevención da fraxilidade nos maiores, abrindo oportunidades de formación tamén para os seus traballadores. Un programa interxeracional ha xerado o que teriamos que pensar. Se...
Atendendo á súa finalidade toda práctica interxeracional pretende acadar o obxectivo DUNHA SOCIEDADE PARA TODAS E TODOS, unha expresión que propuxo Nacións Unidas non só para dar cabida a todas as idades senón para responder ás súas necesidades e procurarlles unha maior calidade de vida. Este experiencias de relación e cooperación entre persoas de diferentes idades, orientadas a favorecer a transmisión e intercambio de coñecementos, competencias e valores, e que ademais de posibilitar o enriquecemento persoal e grupal, poden contribuír activamente á cohesión e desenvolvemento comunitarios. Con este Espazo interxeracional,...
Proxecto “Compostela Pasos de Saúde” claves para o éxito de cumprir anos, impartindo obradoiros semanais sobre eses 4 capitais que xa sabemos que temos que cultivar (a alimentación, o exercicio, a tecnoloxía e proxecto vital), intentando abrir novas portas e creando entre todos esta cultura de saber envellecer, e achegando esta formación á área rural. En colaboración co Concello. En Sta Marta, Fontiñas, Lavacolla, A Gracia, Villestro e Esanche e a partir de outubro en Lavacolla e Santa Marta.