Kit AntiCOVID "Circuito de Saúde"
Desde Ategal propuxémonos apostar polo benestar e afrontar estes tempos de COVID con coñecemento. Para iso, convidámosvos a un “Circuito de Saúde” onde varios expertos darannos as claves, o noso Kit, para estar máis informados e como consecuencia, armarnos mellor ante este reto. O Kit AntiCOVID estará composto por 4 sesións impartidas por relatores do ámbito da saúde e benestar. Para reservar praza, só tes que rexistrarche nas sesións do teu interese, poderás facelo de maneira individual ou conxunta. Anímate e comparte coñecemento!
SESIÓN 1 : COMO POTENCIAR OS TEUS RECURSOS PARA AFRONTAR MELLOR ESTA PANDEMIA
26 DE FEBREIRO - 18H
A nosa psicóloga e experta en envellecemento activo, axudaravos a crear espazos de benestar e potenciar os recursos propios para afrontar mellor a pandemia COVID-19.
- Licenciada en Psicoloxía
- Máster en Xerontología Clínica
- Queres aprender a sacar partido dá situación actual.
- Necesitas reactivar o autocoidado para ser quen de coidar.
- Comunicar as túas necesidades e inquietudes.
- Compartir cos demais.
- Recoñecer as túas potencialidades.
- Preservar o teu benestar para afrontar mellor a situación actual.
Ganas de aprender a autocoidarse e afrontar mellor a situación actual.
SESIÓN 2 : COMO CAMBIAR OS TEUS HÁBITOS PARA MANTER MELLOR SAÚDE
5 DE MARZO - 18H
A nosa nutricionista de cabeceira e experta en alimentación saudable axudaravos a mellorar os vosos hábitos alimentarios para afrontar mellor novos retos.
- Bióloga Especialista en Bioquímica Clínica
- Experta Universitaria en Nutrición e planificación Dietética pola UCM
- Experta Universitaria en PNIc (psico-neuro-inmnoendocrinología clínica)
- Terapeuta Nutricional Integrativa no centro Návitas
- Colaboradora en Healthy Institute
- Formación e divulgación sobre alimentación consciente e nutrición
Crees que o acto de alimentarse ben condiciona o teu estado de saúde.
- Coñocer que hábitos de alimentación e que alimentos poden facerche máis vulnerable a contraer infeccións.
- Recoñecer que hábitos de alimentación e que nutrientes reforzan o teu sistema inmunolóxico.
Curiosidade por coñocer como a nutrición pode mellorar a túa calidade de vida e ganas de experimentalo.
SESIÓN 3 : POR QUE A ACTIVIDADE FÍSICA É FUNDAMENTAL PARA MANTER UN ESTADO DE SAÚDE ÓPTIMO
12 DE MARZO - 18H
Experto en actividades dirixidas, ensinaravos de maneira activa e atractiva a importancia da actividade física no teu día a día e múltiples alternativas para que as apliques contigo mesmo e coa túa familia.
- Experto en actividades dirixidas e adestramento persoal
- Formador de técnicos deportivos
- Xestor de instalacións deportivas
- Queres coñecer as razóns de porqué a actividade física é fundamental para manter un estado de saúde óptimo, para desenvolver un bo sistema inmune e para retrasar o envellecemento a nivel celular.
- Buscas aprender estratexias sinxelas de autocoidado que che axudarán a reducir os riscos negativos que conleva ser sedentario/a.
- Conseguir unha vida máis activa e menos sedentaria.
- Coñecer os beneficios do exercicio regular, beneficios de camiñar ou mesmo de adestrar só 5 minutos ao día.
- Reforzar o teu sistema inmune.
- Executar exercicios prácticos fáciles que favorecerán o teu autocoidado (mobilidade, forza, aeróbicos…)
Roupa cómoda, se é posible, deportiva.
SESIÓN 4 : MINDFULNESS PARA APRENDER A XESTIONAR O ESTRÉS E A ANSIEDADE
26 DE MARZO - 18H
Psicóloga e experta en Mindfulness, axudaravos a reducir o estrés, baseándose na atención plena e control da respiración. Falará de que é o mindfulness e os beneficios que vos pode achegar ao voso día a día e como afecta a ansiedade e o estrés ao voso estado físico e emocional.
- Graduada en Psicoloxía
- Máster en Psicoxerontoloxía
- Curso mindfulness para a xestión do estrés, para profesionais/coidadores de persoas con Alzheimer
- Colaboradora da Unidad de Psicogerontología da USC no programa de aplicación mindfulness
- Imparte talleres de envellecemento activo e de educación para a saúde
- Buscas unha forma saudable de sentirte mellor.
- Queres conseguir relaxarte e aceptar as túas emocións.
- Aprender a canalizar o estrés e a ansiedade mediante técnicas de respiración.
- Parar e prestar atención ás actividades máis rutineiras.
- Practicar a respiración consciente.
- Realizar un escáner corporal do noso corpo.
- Elaborar un calendario de experiencias positivas.
- Roupa cómoda
- Unha cadeira ou esteira se preferimos sentarnos no chan
- E moitas ganas de aprender
Reserva a túa praza
Cada sesión solta: 10€
Pack de 4 sesións: 35€
* As sesións só se realizarán se hai suficientes inscricións, se non se reembolsará o diñeiro.