Vigo

Views Navigation

Navegación de vistas de Evento

Today

VIGO | Participación social. Actuar para transformar

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

Trátase do taller final do conxunto impartido por Solidariedade Internacional sobre Activismo Sénior. Abordaranse xeitos de participación social e activismo, coñocerase "O Globo", unha ferramenta de participación específica que permitirá levar á práctica o aprendido a través do deseño conxunto dunha micro-experiencia de transformación social. Unha actividade totalmente gratuita e aberta a todo o público. […]

VIGO | Roteiro arquitectónico: Michel Pacewicz

Nosas aulas de Vigo vanse de roteiro pola cidade! Nesta ocasión, o equipo de voluntariado cultural do Concello guiaranos a través dun carreiro arquitectónico. Achegámonos á figura e obra do ilustre Michel Pacewicz paso a paso. Coñeceremos o seu legado na cidade, parte da súa vida e o selo da súa arte.

VIGO | Exposición La Palma. Volcán e vida

Teatro García Barbón Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra), VIGO, PONTEVEDRA, España

Gozaremos dunha visita guiada á nova exposición do Teatro García Barbón: La Palma. Volcán e vida. Un roteiro virtual a través das fotografías e textos de diversas testemuñas que pretende facernos reflexionar e conquistarnos coa forza visual.

VIGO | Taller novas tecnoloxías: Alexa

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

A Fundación Esplai volve trasladarse ás nosas aulas de Vigo para formarnos tecnoloxicamente. Nesta ocasión, falarannos de Alexa, o asistente virtual que pode facilitarnos a vida.

VIGO | Cine Fórum: “Le Week-End”

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

As nosas aulas de Vigo apuran os últimos días de curso cunha chea de actividades. O martes 7 de xuño gozaremos dunha sesión de cine fórum. Un espazo no que compartiremos unha película e falaremos sobre o que nos transmite. Nesta ocasión, eliximos "Le Week-End", unha comedia que fala dunha parella madura que deciden viaxar […]

VIGO | Comida de fin de curso

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

As nosas aulas de Vigo celebran os bos momentos deste curso, e o verán que vén por diante. Farano cunha comida familiar na a que acudirán alumnos, alumnas e profesorado. Un momento de tranquilidade no que deixaremos ao carón as clases para centrarnos no espírito de ATEGAL, a xente. Serviranos para rir, coñecernos máis a […]

VIGO | Roteiro cultural: “Coñece a túa cidade”

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

Este martes 14 de xuño percorreremos as rúas de Vigo. As nosas aulas gozarán dun roteiro cultural que nos ensinará moito sobre a cidade. "Coñece a túa cidade" é unha proposta que arrincará ás 18:00 horas e convidaranos a redescubrir Vigo. Localizámonos nun lugar moi concreto para entender máis de nós, para situarnos no tempo […]

VIGO | La música de la naturaleza

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

Un conjunto de talleres que harán escuchar la música de la naturaleza, la belleza del sonido de la vida. El primero de estos encuentros, este jueves 20 de octubre, disfrutaremos de Stravinsky y su “Consagración de la Primavera”.

VIGO | Prevención de demencias

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

As Aulas Sénior de Vigo concienciámonos sobre as demencias. Afaga, os nosos aliados especialistas neste campo, impartirán este venres 24 de febreiro un taller que nos resolverá moitas dúbidas. Ás 17:30 horas a traballadora social Marina Requejo e a educadora social Roser Ibáñez virán ás aulas de Vigo para abordar o tema nun taller chamado […]

VIGO | Finanzas para mortais

Ategal Vigo Travesía do Pino, 2-entrechan, Vigo, Pontevedra

Unha das cousas que máis independencia da é controlar nosa propia economía. Por iso, é importante saber como facelo. Para iso, as Aulas Sénior de Vigo contarán co curso "Finanzas para mortais", a cargo do Banco Santander. Os días 6, 13, 20 e 27 de marzo, os usuarios de ATEGAL poderán asistir de 17:00 a 18:00 […]