
- Este evento pasou.
Xa están dispoñibles os horarios das aulas!
20 Setembro, 2021 - 24 Setembro, 2021

Achégase o inicio das clases nas nosas aulas e cada sede está a publicar o seu novo horario. Este curso vén con moitas novidades e unha axenda cargada de actividades. Ademais das actividades que se ofrecerán de forma permanente, as nosas coordinadoras complementarán a oferta cultural e de lecer con saídas, encontros e actividades especiais durante todo o curso.
Neste período de matriculacións, estamos a atoparnos moitas ganas de facer cousas. Polo que as nosas aulas responderán con moitas novidades. Seguiremos dando importancia á innovación con proxectos como o Senior Lab ou Aulas +Social, e á nosa oferta de actividades non deixarán de sumarse incorporacións como distintos tipos de baile, clubs de cinema, modalidades como o ioga tibetano.
As Aulas cada vez crecen máis! Así que se aínda non che matriculaches, non perdas a túa praza e solicita información ás nosas coordinadoras.