
- Este evento ha pasado.
VIGO | Prevención de demencias
24 febrero, 2023 @ 17:30 - 18:30

As Aulas Sénior de Vigo concienciámonos sobre as demencias. Afaga, os nosos aliados especialistas neste campo, impartirán este venres 24 de febreiro un taller que nos resolverá moitas dúbidas.
Ás 17:30 horas a traballadora social Marina Requejo e a educadora social Roser Ibáñez virán ás aulas de Vigo para abordar o tema nun taller chamado «Cerebro e demencias: información, prevención e actividades«.
Porque a mellor ferramenta para unha vida completa é o coñecemento, e esta formación axudaranos a derrubar mitos, previr calquera tipo de enfermidade e aprender novas actividades que podemos incorporar á nosa rutina diaria.