
- Este evento pasou.
VIGO | OBRADOIRO: Activismo Senior
7 Marzo, 2022 @ 17:30 - 21 Marzo, 2022 @ 19:00

Un obradoiro gratuito para contribuir á formación integral das persoas maiores de 50 anos para exercer a cidananía global, promovendo a súa participación social.
Será impartido por Solidariedade Internacional nas Aulas de Vigo (Travesía do Pino 2, Entrechán) os días 7, 14 e 21 de marzo de 17:30 a 19h.
· 7 de marzo: COOPERACIÓN INTERNACIONAL, EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL E COMERCIO XUSTO
Achegarase unha mirada global das problemáticas sociais e medioambientais actuais a través do Comercio Xusto, a Cooperación Internacional, a Cidadanía Global, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible e ás relacións de interdependencia e responsablidade como ferramentas de transformación social.
· 14 de marzo: COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE
Daranse a coñecer alternativas de consumo responsable comprometidas co desenvolvemento humano e sostible afondando no comercio xusto. Realizarase unha cata de chocolate de comercio xusto.
· 21 de marzo: PARTICIPACIÓN SOCIAL. ACTUAR PARA TRANSFORMAR
Abordaranse xeitos de participación social e activismo, coñocerase “O Globo”, unha ferramenta de participación específica que permitirá levar á práctica o aprendido a través do deseño conxunto dunha micro-experiencia de transformación social.
Trátase dunha actividade totalmente gratuita e aberta a todo o público. E as inscriccións poderán formalizarse nas aulas de Vigo.