
- Este evento pasou.
O alumnado de Ategal Ferrol coñece o “Proxecto Europeo Activage”
13 Decembro, 2018 @ 18:00 - 14 Decembro, 2018 @ 19:00

A Cruz Vermella de Galicia vai impartir dúas xornadas de charlas informativas ao alumnado de Ategal Ferrol sobre o funcionamento da ferramenta de investigación e recollida de datos do proxecto europeo Activage.
Deste xeito, os alumnos e alumnas de Ategal Ferrol que decidan participar posteriormente no plan, serán decisivos nos resultados que extraiga este plan continental
Máis información sobre o Activage neste enlace directo.
O Activage é unha iniciativa de I+D+i baseada nas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) coa finalidade de facer fronte ao aumento da esperanza de vida, promovendo o envellecemento activo e saudable. Está respaldada polo Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea Horizonte 2020 e conta, dende o seu inicio, en xaneiro de 2017, cun orzamento de 25,3 millóns de euros e un prazo de execución de 43 meses.