
- Este evento pasou.
En clase e na túa casa
24 Maio, 2021 - 28 Maio, 2021

ATEGAL sempre está para ti, nas nosas aulas e na túa casa. Unha semana máis, ofrecémosche un calendario cheo de actividades. Así poderás compaxinar as clases que teñas na túa sede coas que che ofrece a nosa plataforma de formación en liña.
Aproveita esta oportunidade e sácalle partido a unha ferramenta que che permite aprender, poñerche a proba, divertirche e conectar. Así é, a través desta xanela poderás conectar con alumnas e alumnos de todas as nosas sedes. No noso club de lectura participan desde Ferrol ata Vigo pasando por Coruña, Santiago e Ourense.
Non perdas o tempo e inscríbeche na nosa plataforma de formación en liña. Sabemos o importante que é manterse activos e activas, e así nolo facedes saber día a día. De feito, así o contaban as nosas socias de Ourense nunha reportaxe de La Región.
Así que che esperamos nas nosas aulas, físicas e dixitais!