Día das Letras Galegas en ATEGAL
Non hai mellor maneira de celebrar o Día das Letras Galegas que con cultura. Así pensaba o alumnado das Aulas Sénior de Santiago, que pasaron as últimas semanas preparando un gran acto para este luns. Os maiores da cidade gozaron dunha gran actuación musical seguida dun recital para homenaxear a Francisco Fernández del Riego. Noelia