AULAS SENIOR
As AULAS SENIOR son un centro de referencia en innovación social que responden ás inquedanzas e necesidades actuais dunha xeración de persoas maiores de 65 anos activas, con ideas, experiencias, cultura e estilos de vida dinámicos e variados.
Para lograr unha vellez activa e produtiva é fundamental que as persoas vivan o proceso de envellecemento da mellor maneira. En ATEGAL traballamos para a promoción da autonomía persoal, fomentamos a participación e o protagonismo social deste colectivo, poñendo en valor o talento senior, potenciando o desenvolvemento das súas capacidades e aptitudes, e favorecendo a aprendizaxe permanente ao longo das súas vidas.
Obxectivos Aulas Senior
Desenvolver e manter a autonomía e independencia das persoas máis maiores mediante distintas propostas e actividades.
Fomentar e manter a súa actividade física así como potenciar a súa involucración en distintas actividades que den pe a novos intereses.
Crear un espazo ocupacional tras a xubilación no que desenvolverse íntegramente como persoas.
Manter un acercamento cos ámbitos da actualidade.