ACTUALIDADE
Loading...
Faro de Vigo investigou sobre os beneficios da ximnasia para as persoas maiores. Para iso, contactou cos maiores expertos neste terreo. Contaron coas Aulas de Vigo para ofrecer o testemuño directo dos protagonistas. A coordinadora das aulas de Vigo, Macarena Alonso, relatou como o exercicio físico pode chegar a atrasar o envellecemento e a fomentar a autonomía. Pero tamén contou canto gozan os alumnos das clases de ximnasia en ATEGAL. Tamén, das clases de Taichi, onde melloran o control corporal. Aínda que, probablemente, o máis beneficioso é a socialización e...
ATEGAL despide un curso no que non estivemos parados nin un só día. O 2022-2023 foi un curso especial no que as aulas gozaron de espectaculares saídas culturais, emotivos encontros, novas clases, proxectos innovadores e, por suposto, a gran familia ATEGAL. E, para estar á altura de todo o vivido neste curso, despedímolo agora con actos por toda Galicia. En Vigo gozamos o pasado venres 9 de xuño dun incrible festival propio no que o alumnado puido demostrar todo o aprendido nas clases de taichi e ximnasia. Ademais de exhibicións...
A Porta Aberta entra nas Aulas Sénior de Galicia para coñecer máis sobre a actividade de ATEGAL e o seu alumnado. Este programa da TVG percorreu a historia das Aulas con algúns dos seus protagonistas. A directora Paula Sande falou da alma deste espazo cultural no que os maiores de Galicia dan máis vida á vida. O Presidente, Ángel Fagilde, repasou a historia de ATEGAL como a primeira Aula da Terceira Idade de España. Majo Fares quixo falar do acompañamento que ATEGAL fai aos socios e socias, e a familia...
Non hai mellor maneira de celebrar o Día das Letras Galegas que con cultura. Así pensaba o alumnado das Aulas Sénior de Santiago, que pasaron as últimas semanas preparando un gran acto para este luns. Os maiores da cidade gozaron dunha gran actuación musical seguida dun recital para homenaxear a Francisco Fernández del Riego. Noelia Rey González, coordinadora de ATEGAL, explicou a iniciativa: "As alumnas do coro e de literatura aproximáronse á figura de Francisco nas últimas clases para coñecer máis sobre a nosa cultura, e reflectírono con estas actuacións...
As Aulas de Ourense cumpren xa XX edicións colaborando coa Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo nunhas ilusionantes Xornadas Interxeracionais. Trátase dun especial encontro entre mozos e maiores que ofrece un exemplo perfecto de que uns e outros non teñen moita máis diferencia que a súa idade. Todos comparten as ganas de vivir, de gozar e de unirse. Este xoves 13 de abril Ourense acollerá a XX edición das Xornadas Interxeracionais que arrincarán ás 10:00 horas na Praza Maior coa lectura do manifesto. A continuación, os...
Hai un ano, nacía en Lalín unha nova colaboración entre ATEGAL e o propio Concello. A noticia anunciouse nun dos encontros anuais máis especiais que lembra o alumnado, o primeiro tras o inicio da pandemia. Aquel día comezaba un camiño cara a un mellor envellecemento en Lalín que agora cumpre o seu primeiro aniversario. E para celebralo, volvemos reunir nun gran evento ao que acudiron personalidades como o propio alcalde José Crespo, a concelleira de Servizos Sociais Paz Pérez Asorey e, por suposto, a conselleira de Política Social e Xuventude...
As Aulas son un lugar no que sempre hai algo que aprender, e iso é para todos. O equipo de ATEGAL, os usuarios e usuarias, e por suposto tamén o alumnado de prácticas recibe leccións a diario. Reunímonos coas recentemente chegadas para falar sobre como seguir crecendo, como mellorar o noso traballo para as persoas e como ser mellores. Este intercambio de coñecementos e puntos de vista axúdanos a que as Aulas sexan o mellor lugar onde facerse maior. Durante o seu período de prácticas en ATEGAL, as novas incorporacións...
Que imaxe transmítese das persoas maiores nos medios de comunicación? Está demasiado instalada a idea de alguén desvalido ou débil. Pero as Aulas Sénior de Galicia demostran cada día que non é así. E o mellor exemplo son Rosina e Carmen, dúas das usuarias de ATEGAL Vigo. Iso mesmo quixeron contar no programa Veciñ@s. As cámaras da TVG trasladáronse ás rúas viguesas para mostrar como é a súa día a día. No programa pódese ver como Rosina entretense coas redes sociais ou canto se divirten ela e Carmen tomando o...
As Aulas Sénior de Galicia son un exemplo de que facerse maior doutra maneira é posible. E así o contou a nosa directora Paula Sande nunha entrevista. Entremayores interesouse polas últimas novidades de ATEGAL, e abordounas nesta conversación. É evidente que Galicia é unha comunidade na que a poboación maior cada vez ten máis importancia. Os galegos viven máis e reclaman o seu papel na sociedade actual. A experiencia nas aulas mostra esta realidade, e por iso ATEGAL está a acompañar á poboación sénior na transformación desta realidade a través...
As Aulas Sénior de Padrón están de aniversario. Este ano cumpren 30 traballando polo mellor envellecemento activo. E así quixemos celebralo cun acto no que nos reencontramos todas as aulas de Galicia. Nel participaron algunhas das nosas alianzas máis próximas, como o propio alcalde de Padrón Antonio Fernández Angueira y el director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antonio Acevedo. Alí gozamos dunha deliciosa comida e o mellor acompañamento dun actuación musical. Aínda que, como sempre, o mellor foi celebrar todas as aulas unidas o bo traballo en equipo. Anterior...