ACTUALIDADE
Loading...
ATEGAL rematamos o curso con distintos eventos e celebracións en cada unha das Aulas con exposicións dos traballos artísticos feitos durante o ano, ponencias, actuacións musicais, etc. Co fin dun novo curso, toca facer balance. O último ano compartimos experiencias e coñecementos cos nosos alumnos; creando relacións que nos achegaron un valor indescritible. Levamos a cabo numerosas clases e actividades, viaxamos xuntos e, sobre todo, loitamos contra os estereotipos de idade. Conseguimos crear un espazo de lecer e aprendizaxe no que demostramos día a día que as persoas maiores teñen...
Esta fin de semana estivemos no XXXIV Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría, onde presentamos o noso proxecto de sensibilización sobre o idadismo, que se atopa enmarcado na rede internacional #StopEdadismo. Neste caso, creamos un mural “pop art” sobre microedadismos. Tras unha formación específica sobre idadismo, o alumnado participante creou un grupo dirixido polo profesorado de Arte para o desenvolvemento do mural. Ante o éxito da actividade, coa que se conseguiu dar unha maior visibilidade a esta problemática, ampliouse a acción co uso dos deseños para a impresión de tote...
Como non hai mellor forma de entender a historia que vivíndoa, ATEGAL Santiago levou a cabo unha ruta polo Casco Histórico de Santiago para analizar a pegada que a historia nos legou a través das súas rúas. A actividade englóbase no proxecto da asociación Nin idadismo nin fenda dixital. Tips de historia. A través da elaboración de vídeos curtos, Ategal comparte coñecementos de historia – dende o paleolítico ata a Idade Media, con especial incidencia no tema da Catedral e o Camiño de Santiago – nunha linguaxe atractiva para as...
Como cada ano, as Aulas de Galicia elaboran a súa revista anual para dar a coñecer os proxectos e accións que se levaron a cabo nas distintas sedes da asociación. Tamén se inclúen diferentes contidos sobre temáticas relacionadas coa nosa actividade, destacando neste novo número o material relativo ao idadismo. Para a elaboración de cada número, contamos coa participación de tódalas sedes de ATEGAL, destacando especialemente o papel dos distinto alumnado en práctica que acollemos ao longo do curso. Aquí podedes consultar o exemplar completo.
As Aulas Senior de Galicia (ATEGAL) celebran unha nova edición das Xornadas Interxeracionais de Ourense. Un evento co que potenciar a interacción entre persoas de distintas xeracións a través do intercambio de experiencias de ocio, na procura dun aprendizaxe cooperativo que rompa cos estereotipos de idade. Para a organización da actividade, que se estende durante toda a xornada de hoxe no campus universitario, contan coa colaboración do alumnado de Educación Social e Traballo Social coa participación de usuarios da residencia DomusVi, Down Ourense, ADO e alumnado de diferentes ciclos do...
Sempre dicimos que as Aulas son un fogar para moitas persoas, e estes días representan unha parte diso mesmo. ATEGAL sempre está presente para o alumnado, o equipo e os colaboradores das aulas. Por iso, cada vez que se achega o Nadal todos reunímonos nunha cea ou comida familiar para celebrar un ano máis. Desde Ferrol a Vigo, todas as sedes escollen un día para este encontro no que todo son emocións. Son días de moitas risas, moitos recordos e, por suposto, novas anécdotas. ATEGAL sempre ten as portas abertas para esta fermosa...
ATEGAL desexa compartir o sentimento que as Aulas experimentan cada ano nestas datas. En todas as nosas sedes, vivimos días de moito agradecemento, de comunidade e de familiaridade. En Nadal sempre nos reunimos para dar as grazas polos días que compartimos este ano. Tamén celebramos todo o que gozamos, facemos plans para o próximo ano e expresamos os nosos mellores desexos. Iso mesmo queremos trasladar con esta publicación, para compartir contigo o mesmo sentimento e agradecer o apoio e a colaboración que sempre nos prestas. Por iso, desexamos un bo...
As Aulas Sénior de Galicia reivindican a diario un papel protagonista para os maiores nesta sociedade. Pero son eles quen demostra que o talento non entende de idade. ATEGAL confía no voluntariado como unha ferramenta para construír unha sociedade mellor. Por iso, as Aulas manteñen unha estreita relación cos equipos de voluntariado de Galicia. Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de VoluntariadoConcelloVigo (@voluntariadoconcellovigo) O alumnado colabora con campañas como as do Banco de Alimentos, a Asociación Española Contra o Cancro, e forman parte do Voluntariado de...
Ferrol acolleu o venres 24 de novembro o encontro anual das Aulas Senior de Galicia. Alumnos e alumnas de todo o territorio visitaron a cidade para gozar do encontro anual de ATEGAL, que leva máis de 45 anos traballando pola formación permanente e lecer dos adultos de máis de 55 anos. Con máis de 1.000 socios por toda Galicia, elixiron Ferrol como epicentro deste evento tan especial para a asociación. E nel adiantaron algunhas das últimas novidades do curso como a implantación da Intelixencia Artificial nas rutinas diarias, a divulgación...
As Aulas de Ferrol fixeron as maletas para vivir unha nova excursión das que tanto gustan. Ninguén quixo perderse esta viaxe que levou ao alumnado para coñecer ao noso país veciño, pero tamén a coñecerse máis entre eles. Nada, nin sequera a choiva e o ceo gris, puido quitarlles as ganas de vivir esta experiencia. Con ese mesmo ánimo, percorreron durante o primeiro día Amarante, onde un guía profesional ensinoulles ata os lugares máis escondidos. Viseu foi a seguinte parada, cunha apaixonante viaxe polas súas rúas e a súa historia....