ACTITUDE+55
ACTITUDE+55 es un espacio de formación y participación para mayores de 55 años. Un colectivo que se caracteriza por su actitud positiva, su disposición ante los cambios y sus ganas de conseguir nuevos objetivps que les aporten valor en su día a día.
En ATEGAL queremos dar resposta as diversas realidades que se dan nos fogares e nas vidas das persoas maiores de 55.
Todas elas activas, con inquedanzas persoais e sociais e dispostas a continuar aprendendo, que buscan diferentes formas de xestionar o seu tempo libre, xa sexan soas ou acompañadas dos fillos/as, dos seus familiares ou amizades.
Son moitas as actividades que pouco a pouco iremos incorporando a ACTITUDE+55 , xa que son moitas as persoas que hoxe están demostrando que cumprir anos adaptativamente, significa estar activos, emprender, estar dispostos os cambios biolóxicos, culturais, sexuais e sociais. Un espazo aberto a participación no que tamén queremos que as persoas asociadas contribúan con ideas e ca súa opinión, sobre aquelas actividades de formación e ocio que lles gustaría atopar en ATEGAL.
Un espazo para sumar, para compartir.
Benvidos/as.
Objetivos Actitude+55

Impulsar unha continuación ou ampliación da vida académica e un desenvolvemento de aptitudes
á procura de empregabilidade.

Promover unha formación
permanente e un intercambio de experiencias e actividades
encamiñadas ao fomento da
calidade de vida das persoas.

Favorecer distintos momentos de ocio mediante facilidades de acceso ao mesmo, así como
orientacións e espazos para que este se produza.

A acollida de distintos perfís nunha nova proposta innovadora baseada na cooperación e no traballo.