Desde este luns, 16 de setembro, o alumnado xa se pode achegar a calquera das sedes de Ategal para formalizar a matrícula para o curso 2024/25. Este ano, poderanse aproveitar as vantaxes do Carné +65 da Xunta de Galicia, cun 16,5% de desconto na matrícula anual.
As Aulas Senior de Galicia teñen unha oferta de actividades moi variada para poder adaptarse aos intereses de todo o alumnado: arte, historia, exercicio físico, benestar, saídas culturais, excursións, charlas… Búscase crear un espazo onde desenvolver novos hobbies e coñecementos á vez que se crean relacións enriquecedoras e se pon en valor o talento senior.
E para o seu desenvolvemento persoal e social, as Aulas Senior de Galicia tamén poñen ao dispor dos seus usuarios a oportunidade de participar en distintas accións de voluntariado.