ATEGAL rematamos o curso con distintos eventos e celebracións en cada unha das Aulas con exposicións dos traballos artísticos feitos durante o ano, ponencias, actuacións musicais, etc.
Co fin dun novo curso, toca facer balance. O último ano compartimos experiencias e coñecementos cos nosos alumnos; creando relacións que nos achegaron un valor indescritible.
Levamos a cabo numerosas clases e actividades, viaxamos xuntos e, sobre todo, loitamos contra os estereotipos de idade. Conseguimos crear un espazo de lecer e aprendizaxe no que demostramos día a día que as persoas maiores teñen moito que achegar á sociedade, e que é importante ofrecerlle alternativas para un envellecemento activo e de calidade.