Esta fin de semana estivemos no XXXIV Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría, onde presentamos o noso proxecto de sensibilización sobre o idadismo, que se atopa enmarcado na rede internacional #StopEdadismo.
Neste caso, creamos un mural “pop art” sobre microedadismos. Tras unha formación específica sobre idadismo, o alumnado participante creou un grupo dirixido polo profesorado de Arte para o desenvolvemento do mural.
Ante o éxito da actividade, coa que se conseguiu dar unha maior visibilidade a esta problemática, ampliouse a acción co uso dos deseños para a impresión de tote bags. Para o deseño das bolsas de tea, contamos coa colaboración de Moslo, unha papelería sostible que se atopa en Santiago. Alí poderedes personalizar unha tote vosa, cuxo deseño queredes modificar como sería o caso, por exemplo, de bolsas que teñades dalgún congreso, publicidade… Ou, se non tedes ningunha, teñen diferentes modalidades de bolsas dispoñibles, de distintas calidades e prezos.
Para máis información podedes contactar coa sede de Ategal Santiago ou coa propia papelería.