As Aulas de Ferrol fixeron as maletas para vivir unha nova excursión das que tanto gustan.
Ninguén quixo perderse esta viaxe que levou ao alumnado para coñecer ao noso país veciño, pero tamén a coñecerse máis entre eles. Nada, nin sequera a choiva e o ceo gris, puido quitarlles as ganas de vivir esta experiencia.
Con ese mesmo ánimo, percorreron durante o primeiro día Amarante, onde un guía profesional ensinoulles ata os lugares máis escondidos.
Viseu foi a seguinte parada, cunha apaixonante viaxe polas súas rúas e a súa historia.
Tamén coñeceron Pinhao, corazón do Douro Vinhateiro, e Lamego.
Unha viaxe que estivo repleto de visitas monumentais, que lles permitiu gozar da gastronomía e carácter de Portugal. Pero, sobre todo, unha experiencia na que o primeiro foi a mellor compañía e un espírito único de dar máis vida á vida.