Ferrol acolleu o venres 24 de novembro o encontro anual das Aulas Senior de Galicia. Alumnos e alumnas de todo o territorio visitaron a cidade para gozar do encontro anual de ATEGAL, que leva máis de 45 anos traballando pola formación permanente e lecer dos adultos de máis de 55 anos. Con máis de 1.000 socios por toda Galicia, elixiron Ferrol como epicentro deste evento tan especial para a asociación. E nel adiantaron algunhas das últimas novidades do curso como a implantación da Intelixencia Artificial nas rutinas diarias, a divulgación dos coñecementos que posúe o alumnado a través de TikTok ou as excursións que compartirán durante este curso. Na sala, expuxeron unha colección de pinturas elaboradas en distintos talleres interxeracionais, todas elas cunha mensaxe en contra o idadismo. O acto arrincou ás 12:00 horas, coa chegada de autobuses desde Vigo, Ourense, Padrón, Santiago de Compostela e A Coruña. Paula Sande, directora das Aulas Senior de Galicia expresou no discurso de inauguración: “Estamos a vivir unha auténtica revolución prateada, e os maiores cada vez reclaman máis espazo na nosa sociedade”. Neste encontro puideron gozar dun relatorio a cargo da especialista Estefanía Zardoya, que abordou o envellecemento activo e como un espazo como ATEGAL contribúe a iso.
O broche final do acto púxoo a actuación musical de “Só Elas”. Tras unha comida en familia, as distintas aulas visitaron algúns dos puntos máis rechamantes de Ferrol.Ver esta publicación en InstagramUna publicación compartida de Estefanía Zardoya Cabo (@medicinadelascausas)