ATEGAL despide un curso no que non estivemos parados nin un só día.
O 2022-2023 foi un curso especial no que as aulas gozaron de espectaculares saídas culturais, emotivos encontros, novas clases, proxectos innovadores e, por suposto, a gran familia ATEGAL.
E, para estar á altura de todo o vivido neste curso, despedímolo agora con actos por toda Galicia.
En Vigo gozamos o pasado venres 9 de xuño dun incrible festival propio no que o alumnado puido demostrar todo o aprendido nas clases de taichi e ximnasia. Ademais de exhibicións teatrais e corais.
Ferrol e A Coruña quixeron despedir os seus cursos con dúas comidas en familia, nas que compartiron as mellores anécdotas e recordos do ano. Unha forma estupenda de dar máis vida á vida.
Nas aulas de Padrón tamén arrincaron o seu verán cun marabilloso acto ao que convidaron a todos os colaboradores. Alí demostraron o talento do alumnado cunha exposición dos traballos realizados durante o curso. Tamén, gozaron dunha revolucionaria conferencia da especialista Estefanía Zardoya e unha exquisita comida de despedida.
O próximo 21 de xuño pecharase o curso cun último acto en Santiago de Compostela onde todos os asistentes poderán gozar do traballo do alumnado e a presentación especial do libro “Estrelas galegas da ciencia”.