Faro de Vigo investigou sobre os beneficios da ximnasia para as persoas maiores.
Para iso, contactou cos maiores expertos neste terreo. Contaron coas Aulas de Vigo para ofrecer o testemuño directo dos protagonistas.
A coordinadora das aulas de Vigo, Macarena Alonso, relatou como o exercicio físico pode chegar a atrasar o envellecemento e a fomentar a autonomía.
Pero tamén contou canto gozan os alumnos das clases de ximnasia en ATEGAL. Tamén, das clases de Taichi, onde melloran o control corporal.
Aínda que, probablemente, o máis beneficioso é a socialización e a creación de vínculos e amistades.