Non hai mellor maneira de celebrar o Día das Letras Galegas que con cultura. Así pensaba o alumnado das Aulas Sénior de Santiago, que pasaron as últimas semanas preparando un gran acto para este luns. Os maiores da cidade gozaron dunha gran actuación musical seguida dun recital para homenaxear a Francisco Fernández del Riego. Noelia Rey González, coordinadora de ATEGAL, explicou a iniciativa: “As alumnas do coro e de literatura aproximáronse á figura de Francisco nas últimas clases para coñecer máis sobre a nosa cultura, e reflectírono con estas actuacións tan emotivas”.
Se a música une á xente, a literatura abre novos mundos a todo aquel que le, Eva Campos (profesora de literatura)Así, demostran que aprender e gozar é posible. E, por suposto, tamén ofreceron unha tarde especial para os veciños da cidade.