As Aulas de Ourense cumpren xa XX edicións colaborando coa Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo nunhas ilusionantes Xornadas Interxeracionais.
Trátase dun especial encontro entre mozos e maiores que ofrece un exemplo perfecto de que uns e outros non teñen moita máis diferencia que a súa idade. Todos comparten as ganas de vivir, de gozar e de unirse.
Este xoves 13 de abril Ourense acollerá a XX edición das Xornadas Interxeracionais que arrincarán ás 10:00 horas na Praza Maior coa lectura do manifesto.
A continuación, os asistentes participarán nunha sesión de xogos actuais no Xardín do Posío, ás 10:30 horas. E pola tarde, ás 16:30 horas, será a quenda dos xogos de sempre no Campus de Ourense.
Este iniciativa é referencia a nivel nacional, pola súa independencia respecto a as administracións, polo traballo autónomo de estudantes novos e maiores, e polo seu carácter inclusivo.
E todo iso xurdiu dunha simple conversación entre un estudante que acabou sendo o coordinador desta actividade e a nosa compañeira Marisa Xusto.
Cada ano sentimos máis orgullo por este encontro único.