Que imaxe transmítese das persoas maiores nos medios de comunicación? Está demasiado instalada a idea de alguén desvalido ou débil. Pero as Aulas Sénior de Galicia demostran cada día que non é así.
E o mellor exemplo son Rosina e Carmen, dúas das usuarias de ATEGAL Vigo. Iso mesmo quixeron contar no programa Veciñ@s. As cámaras da TVG trasladáronse ás rúas viguesas para mostrar como é a súa día a día.
No programa pódese ver como Rosina entretense coas redes sociais ou canto se divirten ela e Carmen tomando o café pola tarde.
Así son os usuarios e usuarias das Aulas, persoas que rompen o molde. Persoas que decidiron vivir unha nova etapa da súa vida da mellor maneira: aprendendo, viaxando, gozando e coidándonos uns a outros.