As Aulas Sénior de Galicia son un exemplo de que facerse maior doutra maneira é posible. E así o contou a nosa directora Paula Sande nunha entrevista.
Entremayores interesouse polas últimas novidades de ATEGAL, e abordounas nesta conversación.
É evidente que Galicia é unha comunidade na que a poboación maior cada vez ten máis importancia. Os galegos viven máis e reclaman o seu papel na sociedade actual.
A experiencia nas aulas mostra esta realidade, e por iso ATEGAL está a acompañar á poboación sénior na transformación desta realidade a través de formación, saúde e, por suposto, lecer.
Unha proposta que cada vez alcanza a máis persoas, especialmente co novo plan “Ategal, en familia”. Con el convidamos os usuarios a que abran as portas das aulas a todos os seus coñecidos, e con iso conseguirán máis beneficios.
Por suposto, a calidade de ATEGAL non para de ampliarse con colaboracións como a de Mayoractivo. Somos a única asociación de Galicia seleccionada para sumarse a esta rede.
Podes ler toda a entrevista ao completo aquí.