Nada se lembra mellor que un cheiro ou un sabor, por iso a cociña ten tanto poder sobre a memoria. E iso é o que se demostrou o mércores 1 de marzo no Centro Superior de Hostalería de Galicia.
Ás 12:30 horas este espazo acolleu unha edición dos “Encontros con saber e sabor a mar e terra” impulsados pola área de acción social de CaixaBank e organizado por ATEGAL. Neste acto degustouse un menú especial, ideado polo alumnado das Aulas Sénior de Galicia.
E é que os alumnos e alumnas de ATEGAL presentaron as súas propias receitas, coas historias que hai detrás delas. E neste evento o Centro Superior de Hostalería de Galicia as replicó para que 100 asistentes poidan gozar do menú gañador.
Ao evento acudiron personalidades como Antón Acevedo, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta de Galicia, Ana Garibi, responsable de Acción Social de CaixaBank, así como a propia directora das Aulas Sénior de Galicia, Paula Sande.
Ademais da experiencia gastronómica, o programa do encontro incluía un taller sobre Alimentación Saudable, a cargo da experta Estefanía Zardoya e a actuación musical do grupo interxeracional Deteriorados, encabezado polo “xubilado outsider” Xaime Fandiño.
Sobre o Proxecto
A través destes “Encontros con Saber e Sabor a Mar e Terra”, a área de Acción Social de CaixaBank emprendeu unha viaxe pola gastronomía das catro comunidades do Cantábrico: País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia, en compañía de asociacións de persoas maiores ou entidades que se dedican ao ámbito da formación e o fomento do envellecemento activo, como é o caso de ATEGAL.
As persoas maiores han contribuído durante a súa vida ao desenvolvemento cultural e encargáronse de conservar os saberes e os sabores da tradición. É tarefa das futuras xeracións recoller a testemuña, absorber estes coñecementos e favorecer a súa transmisión. Nos encontros organizados recóllese un receitario da gastronomía tradicional de cada unha das catro comunidades participantes. Ademais, organízase unha comida popular con menú tradicional elaborado a partir das receitas recompiladas.
O obxectivo último é poñer en valor e dar protagonismo ao percorrido de vida das persoas que agora son maiores e homenaxealas.