Hai un ano, nacía en Lalín unha nova colaboración entre ATEGAL e o propio Concello. A noticia anunciouse nun dos encontros anuais máis especiais que lembra o alumnado, o primeiro tras o inicio da pandemia. Aquel día comezaba un camiño cara a un mellor envellecemento en Lalín que agora cumpre o seu primeiro aniversario. E para celebralo, volvemos reunir nun gran evento ao que acudiron personalidades como o propio alcalde José Crespo, a concelleira de Servizos Sociais Paz Pérez Asorey e, por suposto, a conselleira de Política Social e Xuventude Fabiola García. No acto, tamén tivo unha participación especial o presidente de ATEGAL Ángel Fagilde. E, como non, o alumnado das aulas, quen recibiu un diploma polo seu compromiso con este novo modelo de envellecemento. Este día tan especial chamou a atención de medios de comunicación como Faro de Vigo, La Voz de Galicia ou El Correo Gallego.
As Aulas de Lalín cumpren o seu primeiro ano de vida
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir