As Aulas Sénior de Galicia viviron un encontro especial en Santiago de Compostela.
O coro das aulas, xunto coa Coral da Vita, a da Rocha e a de La Salle, lograron reunir a máis de 200 persoas. O obxectivo, colaborar coa Cociña Económica de Santiago de Compostela.
Unha mostra de talento e solidariedade na que participou o alumnado, as familias, os nosos amigos e os nosos socios.
Ninguén quixo perderse este encontro solidario, e por iso contamos coa grata presenza de personalidades como o Director xeral de Atención Integral Sociosanitaria da Xunta de Galicia, Antonio Acevedo, o alcalde da cidade Xosé Sánchez Bugallo, así como membros de todo o arco político local.
Momentos como estes demostran a gran familia que é ATEGAL, nos que todos os seus membros están igual de dispostos a gozar como a colaborar.