A publicación sobre actualidade para persoas maiores de 50 anos “Nosotros los mayores” fala sobre ATEGAL.
A directora das Aulas, Paula Sande, ofreceu unha entrevista para este medio e nela abordou o momento actual e futuro da poboación sénior.
Coa experiencia que lle achega o día a día nas Aulas Sénior de Galicia, fala sobre as necesidades das persoas maiores, pero tamén da resposta que ofrece a asociación. Entre elas, os novos proxectos que puxo e segue poñendo en marcha ATEGAL.
Tamén pon o foco na importancia de colaboracións como a da Xunta de Galicia ou CaixaBank. Sen entidades como estas, un proxecto que dá esta resposta tan poliédrica á realidade das persoas maiores non sería posible.