A música é alimento para a alma, e nas aulas de Vigo son conscientes. Por iso, durante varias semanas quixeron gozar dun taller de musicoterapia que lles brindou sesións de moita arte e máis diversión. Unha actividade que nos permitiu profundar no poder sanador da música, pero tamén compartir un tempo conectados entre nós. O último día, puidemos poñer en común todo o aprendido cunha exhibición en familia. E a profesora, mesmo, ofreceu diplomas para todos os alumnos e alumnas. Un espazo que foi posible grazas ao financiamento da Deputación de Pontevedra.