O 25N é unha das datas máis sinaladas do calendario de ATEGAL. A loita contra a violencia de xénero, tamén entre a poboación sénior, é un dos compromisos das aulas. Este ano, decidimos conmemorar este 25 de novembro da mellor maneira que sabemos: aprendendo. Co lema “Comparte Cultura“, organizamos actividades de concienciación, dinámicas de grupo e espazos de reflexión. A violencia contra a muller é un asunto transversal a toda a sociedade, e por iso debemos estar alerta para que ninguén sufra esta inxustiza. Nunca deixemos de aprender, para non parar de crecer.
Este 25N, ATEGAL comparte cultura
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir