Nos próximos 15 anos, preto do 30% da poboación vivirá soa. En Galicia, tres de cada dez fogares só terá unha persoa. Algo que sobre todo afecta as persoas maiores de Galicia.
É unha realidade que cada día está máis próxima, e para a que a sociedade debe prepararse. Aínda que en ATEGAL sabemos que isto non ten por que ser un problema.
Moitos dos nosos alumnos e alumnas viven de maneira independente, e gozan das Aulas para socializar, establecer relacións, compartir a vida.
É o caso de Manuela, quen leva máis de 30 anos vivindo soa. No programa Hora Galega da TVG quixeron falar con ela para ver como é a súa día a día e que lle achega ATEGAL.
E é que está demostrado que as persoas maiores que contan con amizades poden chegar a vivir ata sete anos máis. Así, Manuela demostra que a idade non é ningún impedimento, e os anos tamén poden dar máis vida á vida.