Achégase o verán, e con el remata o curso. Nas aulas hai unha mestura de ilusión polas vacacións e emoción pola despedida. Os alumnos e as alumnas espremen ao máximo os últimos días de actividades coa mellor das enerxías.
E é que calquera escusa é boa para gozar. Co fin de curso chegan moitas excursións, comidas, festas e, por suposto, celebracións. Así o están vivindo en cada unha das aulas, desde Ourense ata Padrón, Ferrol, Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, e como non, a recentemente incorporada Lalín.
En todas elas organizáronse numerosos eventos para despedir o ano da mellor maneira, e estas son algunhas das imaxes. Sen dúbida, ese sorriso que teñen todos os alumnos e as alumnas é o que nos reunirá con máis forza despois do verán.
O fin de curso en todas as aulas de ATEGAL
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir