O entroido é unha das festas máis arraigas en Galicia, e en ATEGAL vivímolo ao máximo.
As nosas aulas de Ourense embarcáronse á primeira hora da mañá nunha aventura de autobús para atoparse cos alumnos e alumnas de Vigo. Neste día cheo de acción visitaron lugares como Baiona, Panxón e O Porriño.
Ademais, xa en Vigo, todos os socios e socias gozaron da exposición de Antonio Palacios no Museo do Mar. E todos xuntos gozamos dunha especial comida no Hotel Coia.
Un día que nos serviu para volver conectar entre nós e vivir o entroido como facía anos que non o faciamos. Aquí tedes un pequeno resumen do que foi a xornada feito por Noemia Veiga, unha das nosas alumnas de prácticas en Ourense.