O 8 de marzo debe ser un día no que reflexionar sobre como a sociedade se comporta coas mulleres. Pero a acción para construír unha sociedade máis igualitaria debe manterse máis alá deste día.
Esta idea está no ADN das nosas aulas. O noso equipo está composto case integramente por mulleres, e nas nosas clases respírase un aire de cohesión e igualdade.
Por iso, quixemos transmitir este espírito á nosa sociedade cunha axenda cargada de actos. Deseñamos actividades por toda Galicia para coñecer a historia das nosas cidades, para poñer en valor a figura da muller nas artes ou para tomar conciencia de como é ser muller.
Celebra ti tamén este Día Internacional da Muller, por unha sociedade en igualdade.