Arrincamos a semana falando de fenda dixital sen prexuízos pero con realismo. Ana Rodríguez entrevista á nosa directora Paula Sande para abordar como as persoas maiores enfróntanse aos obstáculos tecnolóxicos.
Faro de Vigo publicou este domingo a reportaxe “Ameazados pola fenda dixital” no seu suplemento dominical Estela +. Por mor da campaña iniciada en change.org polo xubilado valenciano Carlos Sanjuan, Ana Rodríguez entrevistou a distintos maiores para comprender cales son as súas distintas realidades. E é que non se pode falar da poboación sénior como un grupo homoxéneo, non todos “teñen a mesma formación nin o mesmo interese”, tal e como especifica Paula.
Aínda que é certo que hai persoas maiores que rexeitan directamente a tecnoloxía, non se pode dicir que sexa así para todos e todas. De feito, en nosas propias aulas hai quen se manexa perfectamente cos seus dispositivos e quen ten suficiente con chamar e recibir SMS.
Con todo, Paula Sande nesta entrevista puxo o foco nun dos aspectos que máis contribúen á fenda dixital. “As aplicacións tecnolóxicas teñen que ser útiles, alcanzables, accesibles e fáciles de manexar para o usuario”, sentenza. Porque o feito de que non se teña en conta aos maiores durante o proceso de deseño dunha ferramenta dixital provoca que o produto final non responderá as súas necesidades.
Algo que non pode suceder nun momento no que a tecnoloxía cada vez ten máis vantaxes, e a poboación sénior tamén debe poder beneficiarse delas.
Desde ATEGAL tratamos de contribuír ao desenvolvemento de tecnoloxía amigable mediante proxectos como o SeniorLaB, no que poñemos en contacto a empresas con maiores co obxectivo de xerar sinerxias e vías de comunicación. Desta forma, os nosos voluntarios e voluntarias poderán intervir no proceso de creación e manifestar os problemas cos que se atopan.
Debemos aproveitar as vantaxes que o hoxe nos dá. Así que, superemos as barreiras dixitais con pontes humanas.