ATEGAL participa en A Revista para dar voz ás persoas maiores que senten abandonadas polas súas entidades bancarias.
O sector da banca está inmerso nun proceso de maior dixitalización, o que pode supoñer unha dificultade engadida para algunhas persoas. E iso é o que quería debater este programa da TVG. Nel participaron representantes da Asociación de Pensionistas de Lugo para criticar que este proceso de automatización deixa atrás ás persoas maiores que teñen menos coñecementos dixitais.
Desde ATEGAL quixemos poñer o foco na importancia da formación e a aprendizaxe permanente como ferramenta de adaptación. Un envellecemento activo permítenos tomar consciente dos cambios que experimenta a sociedade e seguir os seus pasos. Luisa e Chefa son o exemplo perfecto do modelo que construímos desde as Aulas, e que é vital para superar as barreiras dixitais.
Non é certo que a tecnoloxía sexa imposible para as persoas maiores, e os nosos socios e socias derruban cada día ese prexuízo edadista.